lunes, 22 de octubre de 2018

Simón, Uxía e Castelao

Encántanos que os nenos e nenas traigades cousas da casa para ensinar aos compañeiros e compañeiras! Xa o faciamos o curso pasado e neste parece que imos polo mesmo camiño. Ben por vós!

Nesta ocasión, por mor da conversa sobre Castelao, dous compañeiros decidiron traer uns libros.

Por unha banda, Simón trouxo a colección de "Cousas da vida" de Castelao, polo que puidemos ver e comentar algúns debuxos. Pola outra, Uxía mostrounos un libro que analiza o traballo de Castelao enfocado nos nenos galegos da súa época titulado "A nenez galega a través dos anteollos de Castelao".

Somos conscientes de que aínda somos pequenos para entender certas obras, pero non quita de ir coñecendo aos seus autores e algúns títulos destacados.

Moitas gracias polas vosas aportacións!


2 comentarios:

  1. Se todos tiveramos algo de Castelao ...Se podo comprar algo del traereino a clase, seguramente non. Para o mellor profe, Noa

    ResponderEliminar
  2. Non te preocupes Noa. Seguro que poderás traer outras cousas das que falemos.

    ResponderEliminar