lunes, 29 de octubre de 2018

O noso Samaín

Comeza unha semana especial e diferente a do resto do ano. Comeza unha semana de festa, cabazas, disfraces... Comeza a semana do Samaín! Ao longo destes días decoraranse escolas, centros culturais, tendas, bares e casas con temática de terror e medo. Trátase de pasar uns días terroríficamente divertidos!

Por outra banda, temos que ser conscientes e críticos con esta "invasión" de caveiras, cabazas, máscaras, disfraces... Non deixa de ser algo importado do estranxeiro que non ten moito que ver coa nosa cultura e si coa cultura do consumo.

É unha mágoa que esta festa se distorsione e se "americanice", cando nós temos o noso propio Samaín ao pertencer a unha terra con antepasados celtas.

Hai moitas versións sobre a orixe da festa do Samaín. En xeral, o Samaín relaciónase coa celebración pagana do fin do verán e o comezo do inverno. Na cultura celta, a noite do 31 de outubro era a noite máis perigosa e terrorífica do ano, xa que as portas do outro mundo abríanse para que as ánimas puideran visitar o noso mundo. Para poder evitalas, a xente adoitaba poñer nas ventás ou nas portas das casas caveiras, nabos e máis tarde cabazas iluminadas cunha candea no seu interior.

En Galicia estes costumes mantivéronse, mesturando a honra aos mortos e o culto á morte (día de defuntos) tan arraigado na Galicia tradicional co Magosto. Dependendo da zona, en Galicia podemos atopar celebracións moi parecidas, aínda que con nomes diferentes: calacús nas Rías Baixas, caveiras de melón na zona de Cedeira, colondros por Ourense, calabazotes en Ortigueira, a festa da Noite meiga en Ribadavia... Coñecedes vós outros?

Nesta época do ano, na nosa terra escóitase falar moito de personaxes mitolóxicos galegos como a Santa compaña, os trasnos, as bruxas ou o lobishome. Con isto, os diferentes equipos de investigación faremos un traballo!

Tamén hai coñecidos refráns desta época como:

"No día de defuntos, memoria e frío van xuntos".
"A cabaza e o queixo, sempre ao peso".
"Quen moito ameaza, o medo tenlo na casa".

Coñecedes algún refrán para esta época do ano? Poñédeo nun comentario se é así!

Por último déixovos unhas adiviñas, a ver se sodes capaces de solucionalas!
(Resolvede unha adiviña por persoa para maior participación).

1. Voa coma un lucecú,
    non lle gusta o allo
    nin a luz.                                                           

2. Vou de branco
    e cando aparezo,
    a todos espanto! 

3. Ten dentes e non come,
    ten cabeza e non é un home!  

4. Ten unha vasoira que é un avión,
    un sombreiro moi vello
    e un gran narizón!                                                  .







16 comentarios:

  1. Ola son Uxía,a adiviñanza primeira é oVAMPIRO🧛‍♀️🧛‍♀️🧛‍♀️
    Ata mañá.
    Uxía.

    ResponderEliminar
  2. Sei as outras.Vou esperar uns días.😋😋

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajaja, seguro que as sabes, pero imos ter un pouco de paciencia... Encántame que participes tanto Uxía!

      Eliminar
  3. A segunda adiviña é un fantasma!
    Son Salomé.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bravo Salomé! Tamén sabes outra, pero imos esperar un pouco polos demais.

      Eliminar
  4. Ola son Ainara, vou a responder á terceira adiviña...
    A resposta é OS ALLOS, ...dentes de ALLOS e cabeza de ALLOS 😂😂

    ResponderEliminar
  5. Sei a ultima adiviña pero vou poñer un refrán:
    "Por todolos santos neve nos altos,por san Andrés neve nos pes".

    Alexandre.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que sabios son os refráns populares! Pronto falaremos deles.
      Moi boa aportación Álex!

      Eliminar
  6. A primeira: vampiro, a segunda: pantasma, terceira: allos e a cuarta: bruxa.
    eu digo outra:
    Voan, voan sen parar e non dieran de bailar, ¿que é?
    Gorka

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Gorka! Xa están todas solucionadas.

      Eliminar
  7. Voan, voan sen parar e non deixan de bailar.
    Gorka

    ResponderEliminar
  8. Lucas Oria4.11.18

    E un morcego, son Lucas. En mallorquin dise ratapiñada.

    ResponderEliminar
  9. Non Lucas, seguide intentando.
    Gorka.

    ResponderEliminar
  10. 1º.vampiro. 2º.pantasma. 3º.allo. 4º.bruxa 5º.follas. Son Noa.

    ResponderEliminar