miércoles, 31 de octubre de 2018

Celebramos o Samaín!

31 de outubro, día do Samaín e na nosa escola celebrámolo ao grande con nenos/as e mestres/as disfrazados/as e maquillados/as, música de medo, cabazas nos corredores, terroríficos murais, lápidas, teas de araña, portas decoradas, monstros, vampiros, zombis, sustos entre os nenos, historias de medo, cancións de Samaín, películas... Un día de gardar! 💀👿👺👻😱😆

A nosa compañeira Sabela cóntanolo e ademais, queremos agradecerlle o seu esforzo, xa que tivo que redactar o texto e logo escribilo no blog ao final da mañá. Moi bo traballo Sabela! 😉


Hoxe foi un día especial! 

Cando entramos no cole, vimos a todos os profesores disfrazados. Subindo a clase vimos como estaba todo decorado con adornos de Samaín: cabazas, teas de araña, música de medo... Ao chegar a aula, Aleixo contounos o que íamos facer ao longo do día. 





Nas primeiras horas da mañá repasamos Naturais para preparar o control. Cando rematamos, Ainara, Uxía, Lía e eu practicamos diante dos nosos compañeiros/as a narración do conto que inventamos fai unhas semanas e que escribimos a limpo nunhas cartulinas. Logo viñeron os de 4º B e tamén llo contamos a eles, o que nos serviu como segundo ensaio.




No recreo todos xogamos disfrazados ata as 12:15h mentres soaba música de medo. Na hora de lectura fomos contar o conto aos nenos e nenas de 4 anos A. A continuación, cantamos todos xuntos a canción "Corre, corre cabaciña; corre, corre cabazón". Antes de regresar a clase, paseamos polo cole para ver as portas decoradas de cada curso. 









Ao final da mañá, os de 4º B viñeron a nosa aula para ver unha película chamada "La bruja novata", pero antes os que trouxeron cabaza foron a recollela. Durante a peli, Uxía repartiu uns riquísimos "dedos de bruxa" e unhas deliciosas "galletas de araña".





Pasámolo de medo!

Sabela.



Sabela, Lía, Ainara e Uxía: quérovos dar as gracias polo voso esforzo e interese nesta actividade. Estivéchedes xenial en todas as lecturas. Estou moi orgulloso de vós! 👌

8 comentarios:

  1. Hola, son Xabi e comento que foi moi divertido o Samaín, gustoume moito!!!.

    ResponderEliminar
  2. Simón Casas1.11.18

    Hola,son Simón Casas,a min tamén gustoume moito.O que mais me gustou foi a historia que fixemos entre todos.

    ResponderEliminar
  3. O que máis me gustou foi ver aos nenos e nenas disfrazados, ver as portas decoradas e as cabazas na entrada.
    Salomé.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estabas xenial disfrazada Salomé! Ter unha amiga tan boa como Uxía é unha sorte, coida ben dela.

      Eliminar
  4. Ola, son Gorka. A mín gustoume moito ver os nenos e nenas disfrazados e tamén aos profes. Encantoume ver o cole decorado ,foi xenial !!!!!

    ResponderEliminar
  5. Alégrome que o pasaras ben Gorka!

    ResponderEliminar