domingo, 14 de octubre de 2018

Comezamos!


Os blogs poden convertirse nunha ferramenta moi útil, xa que permiten ao profesorado e alumnado publicar contidos de interese para toda a comunidade educativa.

Por iso, decidimos comezar esta nova aventura cos alumnos e alumnas de 4ºA do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios neste ano escolar 2018-19 e convidámosvos a participar nel!

SumAndo sen restar busca ser un espazo educativo onde mestre, alumnado e as súas familias aporten para unha aprendizaxe en común. Desta maneira, ademais de funcionar coma un diario de clase, o blog tamén será un fío no cal escribiremos textos, publicaremos imaxes e fotografías, subiremos vídeos... todo relacionado co que aprendemos no colexio.

Queremos que o blog sexa interactivo deixando comentarios nas diferentes entradas que vaian sendo publicadas. Para iso, pedimos responsabilidade no uso do blog, así como respecto e educación por parte de todos e todas.

Sen máis, inauguramos con moitísima ilusión SumAndo sen restar!



8 comentarios:

  1. Este ano o estou pasando xenial e aprendendo moito.
    A semana pasada viñeronos os policias e nos explicaron:como circular pola rua,por onde ir en bici, por onde cruzar etc.
    Pero como chovia non pudimos ir a comisaria pero Aleixo falou cos policias para ir outro día, e eu confio en el.

    Alex.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Álex! O primeiro en escribir un comentario! Que ilusión!
      Non adiantemos acontecementos porque a visita da policía será comentada no blog e penso que ti eres o indicado para facelo!
      Por certo, agora hai dous Álex na clase... a próxima vez necesitamos un apelido!
      Vémonos mañá!

      Aleixo G.M.

      Eliminar
  2. 4A ❤❤❤❤❤ es la mejor clase del mundo soy Lucas Oria Listen

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bravo Lucas! Esa é a actitude!
      Ata mañá!

      Aleixo G.M.

      Eliminar
  3. Este curso estouno pasando moi ben. Xa tivemos duas excursións, a meteogalicia e a charla cos policías. Foi moi boa idea a do blog.

    Besos,
    Noa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome Noa! Pronto haberá máis sorpresas...

      Boas noites!

      Aleixo G.M.

      Eliminar
    2. Este ano casi me desilusiono xa que pensaba que non voltaria o profe Aleixo e como volveu xa estou feliz😄😄😄

      Mateo

      Eliminar
    3. Moitas gracias Mateo!
      Eu tamén estou superfeliz de volver a estar con vós!

      Que pases moi boa fin de semana e vémonos o luns!

      Eliminar