jueves, 27 de junio de 2019

Outras actividades

Moitas outras actividades fixemos e que non vai dar tempo a mostralas neste espazo...

Por outra banda, sabedes que houbo momentos máis teóricos para o estudo, lectura de unidades, explicacións, esquemas, exercicios nas libretas, probas... Traballo que aínda que non sexa tan divertido é moi importante. 📚

Agora que xa rematamos, os exercicios non teñen por que ser todos (algúns si...) en papel. Por exemplo, ao longo do curso, a nosa compañeira Salomé estivo repasando as tablas de multiplicar por medio de xogos interactivos. Esta é unha boa maneira de repasar durante o verán, xa sexan sumas, restas, divisións, exercicios de atención, lecturas comprensivas con audio, inglés... Na rede hai moitas páxinas interesantes para repasar dunha maneria máis divertida. Anímovos a que investiguedes!


Tamén durante estes últimos días a excitación ía a máis, polo que un día despois dun recreo, decidimos facer unha sesión de relax. Nesta sesión viaxamos mentalmente tanto ao pasado como ao futuro, imaxinámonos como seriamos de maiores, pensamos nos nosos seres queridos e maneiras de mellorar como persoas. A cousa foiche moi ZEN!😌 Funcionou tan ben que igual póñoo en práctica nun futuro!😏



Por último, fai uns días xogamos a diferentes probas sobre LSE aos que nos retou Tareixa. A pena foi que non deu tempo a que cada un dos grupos da nosa clase fixera todas esas probas...

Polo tanto falei con ela e moi amablemente, a semana pasada deixounos os bastóns para cegos para que todos e todas poidérades probar e facer a proba, xa que foi a que máis interese despertou entre vós.

Notouse que xa estabamos na última semana de curso e a última hora porque concentración había pouca... 😅

2 comentarios:

  1. É verdade. Cando nos informou desa proba foi o que máis me chamou a atención. A sesión de relax estivo xenial, habería que facela máis veces!!😴😴
    Miña nai fíxoa varias veces no curso, cando estaban alterados os seus alumnos, unha sesión enteira, ela déitaos na clase e ás veces ponos por parellas e danse masaxes na cabeza uns a outros, , eu vín fotos dese momento no seu blog. 💆🏻‍♂️
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si Gorka, está ben para facelo despois do recreo para relaxarse antes de seguir co traballo ou incluso nos últimos momentos da mañá e marchar para casa en modo zen...👌🏼😌👌🏼

      Eliminar