viernes, 21 de junio de 2019

Fin de curso!

Chegou o último día do curso!

Para festexalo houbo moita festa! Comilonas, música nas aulas, DJ, bailes... aínda que tamén despedidas e algún que outro choro. Hoxe foi unha xornada de sentimentos encontrados nos que se mesturaba felicidade e tristeza por igual. Felicidade pola chegada das vacacións e tristeza pola despedida... pero como cantaba Freddy Mercury, show must go on! e agora toca gozar dunhas vacacións ben merecidas! 👏👏👏😄

Para festexar o fin de curso, o xoves tivemos uns enormes inchables que invadiron os dous patios do colexio!




E mentres vós estabades a saltar sen parar eu acerqueime a outro recuncho do patio, onde os nenos/as de 6º estaban a mostrar diferentes experimentos de ciencias (ao estilo dos que fixemos nós) aos pequenos de 1º e 2º.


Hoxe venres, si que foi a derradeira despedida!

Nas primeiras sesións tiñamos pendente rematar os últimos murais sobre Galicia e expoñelos. Despois, Héctor sacou un enorme biscoito para compartir con todos e todas e mentres soou música na aula puxémonos as botas co biscoito, patacas, gusanitos, chuches... E no medio de todo iso, recibín un montón de agasallos e apertas pola vosa parte! Moitas gracias por todo a vós e ás vosas familias! (Isto vouno deixar para a despedida do blog... 😍😢). De seguido baixamos ao patio, onde nos esperaba un DJ a todo ritmo. Bailamos sen parar, abrazámonos sen parar, cantamos sen parar, e algunha que outra chorou sen parar! 😅😘

Sei que estades moi pendentes do blog e vendo que quedaron cousas sen publicar, para a vindeira semana seguiremos mostrando as nosas últimas actividades, así que estade atentos e atentas porque isto aínda non rematou!





Viva 4ºA!! 😍


10 comentarios:

  1. Foi un día moi bonito e a vez triste, bonito e alegre porque empezan as vacacións de verán😀🌞 e triste porque toca despedirse de moitos que están no cole e agora teñen que marchar, sobre todo porque toca despedirse de ti😭💔 e tamén con un pouco de nervios por non saber con que amigos e compañeiros estarei o ano que ven na clase.
    Estarei atento o blog a semana que ven!!
    Moitas gracias por todo Aleixo!!❤️
    Bo verán a todos!!🏝🏖🏊🏻
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que che gustará a nova clase, xa verás.😉
      Que gocedes ti e Xurxo dun gran verán!🤸🏻‍♂️🏊🏼‍♂️🏄🏻‍♂️☀️🍹🏕️🏖️

      Eliminar
  2. Tes razón Gorka,é triste pero á vez alegre. Aleixo oxala que non te foras.Fuches moi bo con todos nós,😥😥😥😭😭😭😭
    Moitas grazas Aleixo ❤❤❤por todo,oportunidades,pelis,
    Espero que nos veamos no banquete de Conxo,e que poidas vir a visitarnos
    Bo verán
    ✌xí✊
    Este curso pasou volando 😭😭😭😭😭
    💖💖💖❤❤❤❤

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias a ti Uxía!
      Foi unha gozada terte como alumna!🥰
      Seguro que nos imos ver pronto.
      Pásao pipa este verán, que o tes ben merecido!🏄🏻‍♀️🤸🏻‍♀️☀️🏖️

      Eliminar
  3. Ola Aleixo! Son Sergio.
    Dicirche que me acordarei moito de ti e que igual nos vemos por Ribadeo.
    Moita sorte.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén me acordarei de vós Sergio... moitísimo!🤗
      Seguro que coincidimos por alí e penso darche un gran abrazo!😉
      Pásao ben este verán!🤸🏻‍♂️🏖️☀️🍹

      Eliminar
  4. Eso Aleixo, pásate polo banquete de Conxo!!
    Boa noite de San Xoán a todos!! hoxe toca pedir desexo 🔥
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  5. Alessia😘28.6.19

    Hola Aleixo !!!!Soy Alessia queria darte las gracias por todo y por ser una persona original , mucha suerte en tu nuevo rumbo .��

    ResponderEliminar
  6. Hola Alessia!
    Que alegría leerte por aquí! 🤗
    Gracias a ti también, tu llegada fue un soplo de aire fresco en nuestra clase. Nos encantó tus cuentacuentos, tus recitales y eres una gran artista!
    Que seas muy feliz! 🥰

    ResponderEliminar