jueves, 6 de junio de 2019

O meu irmán ten autismo

Fai poucos días vin este fermoso vídeo no cal uns nenos/as falan do seu irmán con autismo. Mentres falan del, explican perfectamente de que trata o autismo.

Isto recordoume á conversa que tivemos fai días nunha sesión de biblioteca sobre o autismo, polo que penso que é interesante que lle botedes un vistazo. Ademais, está feito por nenos/as do colexio de Carnota, cole no que eu traballei. 😊

Parabéns para os rapaces que fixeron este vídeo e gracias por ensinarnos en que consiste o autismo, algo que non é doado de entender.

Espero que con todo o que falamos e con esta explicación feita por mozos/as coma vós, entendades un pouco mellor a situación das persoas con autismo e que teñades empatía con elas. 👍😉


6 comentarios:

  1. É un video moi chulo!!! Eses nenos e nenas con autismo,síndrome de down... SON UNS SUPER HEROES 💪💪💪💪debe ser moi dificil vivir nun mundo tan diferente para eles...gustariame axudalos, igual de mayor estudio para ser profe y poder ayudarlos
    Ata mañá
    ✌xí👊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ains... Cantas Uxías necesita este mundo! 👌🏼🤩

      Eliminar
  2. Que vídeo máis bonito!!! Eles viven nun mundo diferente ao noso,e debemos ter moita paciencia con eles e querelos moito.
    Miña nai explicoume que na súa clase hai un neno con posible autismo e que ten moitas cousas das que se falan no vídeo e tamén que ten outra que o ano pasado estivo en ASPANAES,eu coñecína porque coincidimos un día nun restaurante. Uxía,meu irmán tamén quere ser profe.!!🤓
    Miña nai di que é a profesión máis bonita do mundo.💙
    Ata mañá.
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, eu tamén tiven alumnado con autismo e é importante coñecer as súas características.
      Cantos bos profes haberá no futuro! 👏🏼👏🏼👏🏼😀

      Eliminar
  3. Encantoume o video.E a forma de comunicarse con eles e moi interesante.Non coñecin a ningun neno autista,pero miña nai traballou algunha vez con eles.
    ÁLEX.

    ResponderEliminar
  4. Pois o día que coñezas a unha persoa autista xa sabes algo sobre o tema. 👍🏼😉
    Que ben que che gustara o vídeo!

    ResponderEliminar