jueves, 20 de junio de 2019

Preceptos de 4ºA

Neste último mes de curso rematamos o proxecto de Wonder cos nosos propios preceptos!

"Para ser grande e tocar o ceo, hai que comezar sendo pequeno e dende o chan." (Ainara)
"Non chores polo que non ten solución, soluciónao." (Ana)
"Nunca debes esquecer as túas raíces." (Gorka)
"Se teñen envidia, non te deixes enganar, porque eles o que queren é facerche rabiar." (Álex)
"Un amigo é unha persoa coa que podes pensar en voz alta." (Uxía)
"Non te fagas amigo dos que queren facerche dano." (Simón Gestal)
"Desaprender é moito máis complicado que aprender." (Héctor Boullón)
"Moitas cousas son difíciles, pero posibles se non te rendes." (Sabela)
"Manter este mundo contén responsabilidade." (Noa)
"Non fagas aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti." (Clara)
"Naciches orixinal, non te convirtas nunha copia." (Lía)
"Non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita." (Xabi)
"Se te esforzas de verdade, conseguiralo." (Simón Casas)
"Todos somo iguais, pero se xuzgas a un peixe pola súa habilidade de trepar unha árbore, pensará durante toda a súa vida que é tonto." (Adrián)
"Acepta todo aquilo que non podas cambiar e cambia aquilo que non podas aceptar." (Mateo)
"Non hai arco da vella sen chuvia." (Sirius)
"O vello está no novo." (Héctor Guldrís)
"Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo." (Lucas)
"Non te queixes dos problemas e búscalle a solución." (Sergio)
"Vostede é o mellor que ten vostede." (Salomé)
"Carpe diem, vive e goza do momento." (Alessia)
"Ser amigo dos teus amigos." (Sebastián)
"Ser guapo por dentro é máis importante que selo por fóra." (Elías)



6 comentarios:

  1. Como molan os preceptos!!!👏👏👏🤪🤪
    Aleixo recuperate pronto, animo!!!💪💪💪💪💪🤗🤗🤗🤗
    Ata mañá
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias Uxía!🥰
      Mañá vémonos seguro.
      💙

      Eliminar
  2. Os preceptos son unha pasada!! 👌🏻Foi unha idea xenial o de ler o libro de Wonder.🙌🏻🙌🏻🙌🏻🙌🏻🙌🏻📘 Simón.G. ten razón, non te fagas amigo dos que che queren facer dano.
    Recupérate pronto Aleixo!! Estás mellor?😰
    Ata mañá.
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vou mellorando Gorka, gracias por preguntar. 👍🏼😌
      Mañá seguro que estou moito mellor!💪🏼😉
      Encantáronme os vosos preceptos! 💙

      Eliminar
  3. Grazas por ensinarnos que temos que respetar aos demais.
    E,¡eu querote a ti!(Non a os preceptos).

    It mi Mateo.

    ResponderEliminar
  4. Jajajaja! Eu tamén te quero Mateo!🤗🥰
    Sería xenial poñer en práctica todo o que falamos na clase!😊

    ResponderEliminar