viernes, 6 de noviembre de 2020

Michael Jackson

O artista que escoitamos esta semana foi Michael Jackson, cantane ben coñecido por todos.

Michael Jackson foi un cantante e bailarín moi famoso durante toda a súa carreira ao longo dos anos '70, '80 e '90.

Comezou no mundo artístico de moi novo, sendo a cantante principal da banda familiar The Jackson 5. Nesta banda cantaba e bailaba xunto cos seus irmáns. 

A finas dos anos '70 comeza a súa carreira en solitario, acadando un grande éxito con tres discos moi famosos: Off the Wall, Thriller e Bad.

Co seu éxito, Michael Jackson converteuse nunha figura moi importante da cultura popular, influíndo noutros artistas tanto a nivel musical como de danza. Famoso é o seu paso de baile Moonwalk que tanto intentamos imitar sen éxito... 😅

Michael Jackson é un dos artistas máis recoñecidos, que tocou distintos estilos musicais como o Soul, Funk, Pop, Rock e Disco. 🎶🎵

Mostramos algúns dos seus vídeos máis famosos. 👀🎥🎤👇

No hay comentarios:

Publicar un comentario