lunes, 2 de noviembre de 2020

Batucada no recreo

Esta mañá tivemos unha sorpresa no recreo!

Hoxe estaba previsto que un grupo de batucada tocara polas rúas do concello, pero ao chover tanto, propúxose que tocaran no pavillón para o alumnado da escola, e nós encantados!

Así pasamos o recreo, a ritmo de percusión que invitaba a mover as cadeiras e aplaudir. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario