miércoles, 11 de noviembre de 2020

Empanada de millo (Anna)

Un clásico culinario da nosa terra explicado pola nosa compañeira Anna. A empanada de millo... mmmMMMmm... que rica! 😋

Ola a todos e a todas! Son Anna e aquí tedes unha receita para facer empanada de millo.

EMPANADA DE MILLO

Ingredientes:

  • Fariña de millo
  • Fariña de trigo 
  • Levadura 
  • Auga quente 
  • Sal

Preparación:

Peneirar a fariña de millo. Botala nunha pota, porque despois hai que escaldala con auga quente na cal antes se lle bota a sal na auga. Remexer a masa cunha culler de madeira ata facer unha pasta homoxénea (que non quede moi branda). Deixala enfriar e cando a masa estea tibia, botarlle unha cuarta parte de fariña de trigo ou centeo, botar tamén a levadura e amasar ata que esté ben amasada. Deixala levedar (a masa cando estea cuarteada por riba significa que xa está suficientemente levedada). Na masa poderás botarllle o que queiras de recheo e facer con ela o que queiras.

NOTA: Se vas a facer empanada con esta masa, as capas, tanto de arriba como de abaixo, facelas moi finas. Axúdate cunha culler ou coa túa propia man, pero sempre molladas en auga. 

Anna


2 comentarios:

  1. Ola son Anna.
    Xúrovos que o que a probe viciase desta empanada e non volve a probar a de trigo.
    Un saúdo,
    Anna.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja, seguro que si Anna!
      Que pintaza ten!👌🏼😋

      Eliminar