jueves, 26 de noviembre de 2020

Xincana da igualdade

Onte, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, todos os cursos do centro xogamos a unha xincana da igualdade.

A 6º tocoulle participar na terceira sesión no pavillón.

Deu gusto vervos xogar, estaba claro que o pasastes moi ben e espero que as distintas actividades vos fixeran reflexionar e aprender.

Nenos e nenas do noso grupo-clase explican, a continuación, en que consistían entes xogos. 👇😉

  • Xogo 1
Neste xogo tiñamos que coller unha fotografía dunha muller importante e colocala nun taboleiro. Cada equipo tiña que acertar tres preguntas sobre cada unha delas.

Neste xogo aprendimos que os traballos dos homes tamén poden ser realizados por mulleres.

Saray

  • Xogo 2
Nesta actividade había tres maneiras distintas de xogar.

1. Unha persoa do equipo tiña que resumir a palabra que che aparecía nunha tarxeta para que os demais do seu mesmo equipo a adiviñaran.

2. Había que decir unha palabra relacionada con outra que ensinaban para que poidera ser adiviñada polo resto de membros do equipo.

3. Un membro do equipo tiña que imitar o que poñía nunha tarxeta e os distintos equipos tiñan que adiviñar o número máis alto de palabras en menos dun minuto.

Laura Ramas

  • Xogo 3
Nesta actividade había un circuito de conos. Por parellas, un neno/a guiaba ao seu compañeiro/a que ía a cegas. Ao final do circuito había varios debuxos que representaban distintas aficións. Ao regresar, a parella tiña que describir o debuxo visto a outro neno/a, quen o intentaba representar nun debuxo propio.

Danilo

  • Xogo 4
Este xogo era o clásico que todos e todas coñecemos de "pedra , papel e tesoiras". Deste xeito, había dous equipos a cada extremo dunha liña de aros. Despois de saltar varios aros, ao encontrarte contra o teu contricante tiñamos que xogar. O que gañaba facía unha pregunta e a outra persoa contestaba con verdadeiro ou falso. Se fallabas volvías ao final da túa fila mentres o teu contrincante avanzaba no circuito de aros.

Aroa

Mostramos imaxes desta xincana da igualdade! 👇👀💜













No hay comentarios:

Publicar un comentario