martes, 7 de mayo de 2019

Charla ASANOG

Esta mañá recibimos a visita dunha asociación de axuda a nenos e nenas con cancro infantil, ASANOG, por motivo da carreira solidaria que se fará no noso centro a vindeira semana.


Na charla, dúas profesoras que traballan no hospital con nenos e nenas que padecen cancro, contáronnos brevemente as súas experiencias e o importante que é animar a estes compañeiros/as para que poidan superar a enfermidade.



Despois da charla, vimos un capítulo moi interesante dos clásicos debuxos de Charlie Brown e Snoopy sobre o tema falado anteriormente. 


Ao longo destes días haberá unha urna para donativos na entrada da nosa escola. Queremos recaudar fondos e axudar a combater o cancro infantil. Anímovos a que participedes! 👍😉

6 comentarios:

  1. A mín cando me falan de nenos con cancro síntome moi mal e penso polo que están pasando estos nenos e nenas. 😢Non deberían de pasar por esto. O meu avó paterno e a miña tía morreron de cancro, e pasámolo moi mal; 😢 o avó morriu cando eu tiña 3 anos e a tía o ano pasado e desto si que me acordo máis, de como o pasaba a tía, de Xurxo e de min e sobre todo de miña nai que o pasou moi mal.😢
    Eu coa miña familia en Semana Santa fun a un partido benéfico para recaudar cartos para un neno cun cancro moi complicado. Meu pai xogamos nese partido, era o ardebullo contra ex-xogadores do deportivo.
    Todos contra o cancro e a participar!!!💪🏻👍🏻
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O cancro é unha enfermidade terrible...😥
      Eu tamén tiven familiares que se foron por mor desta enfermidade, pero ás veces tamén é posible superalo (miña mamá fíxolo dúas veces!).💪🏻💜
      Que importante é concienciar á xente destas cousas e poder axudar. E por iso, ao igual que o partido de fútbol do teu pai, nós imos participar nesta carreira, onde o importante non é gañar, senón participar e visualizar a estes nenos e nenas! 🏃🏻‍♂️🏃🏻‍♀️💙💚💛🧡💜💪🏻

      Eliminar
  2. Que pena o dos teus familiares😢 pero alégrome moito que túa nai o superáse 2 veces!!! 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻💪🏻💜
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  3. É unha enfermidade que afecta a moita xente eu creo que a todas as familias, tamén a miña avoa, a nai da miña nai tivo cancer de pel e tamén o superou...

    Hai que recoller moito diñeiro para investigar👍.
    Ata mañá
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  4. Pois si... Todos e todas temos un caso cercano e por iso temos que apoiar esta causa.
    Invertir diñeiro en investigación é moi importante! 👍🏼👩🏻‍🔬👨🏻‍🔬

    ResponderEliminar