lunes, 13 de mayo de 2019

Carreira solidaria

Comezou a semana cultural no Colexio P. Cardeal Quiroga Palacios!

A primeira xornada desta semana consistiu na esperada carreira solidaria. Recordamos que este ano colaboramos con ASANOG, unha asociación en apoio a nenos e nenas con cancro.

Antes da nosa quenda, fumos testemuñas da saída de e para animalos. Despois, ao soar o silbato, e saístes coma raios rúa abaixo! 🏃 Na meta vimos chegar en 1º lugar ao noso compañeiro Iker (4ºB), para pouco despois vibrar cun apretado sprint entre o noso compañeiro Sergio e Gonzalo (3ºB) quedando 2º e 3º respectivamente.

Unha vez recuperadas as forzas, colocámonos na meta para seguir animando ao resto de cursos baixos do cole.

4ºA antes de correr

4ºA despois de correr

Polo tanto, o podio quedou repartido entre tres cursos, sendo Sergio o campión da nosa clase.
Moitos parabéns Sergio! E tamén a todos e todas vós por participar nesta carreira solidaria tan especial! 👏👏👏🏃

Sergio, o noso campión!

8 comentarios:

  1. Parabéns Sergio! 👏🏻👏🏻👏🏻
    Meu irmán tamén tivo medalla, quedou de terceiro no seu grupo.🥉❤️
    Agora a prepararnos para os maios.🌳🌾🎍
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Parabéns a Xurxo tamén! 👏🏼👏🏼👏🏼🏅

      Eliminar
  2. Ola Aleixo, son Xurxo, moitisimas gracias pola felicitacion.😜
    Xurxo☺️
    X ✌🏻🤞🏻X 👌🏻

    ResponderEliminar
  3. Perdón, felicitación, con tilde no O. 😅
    Xurxo.

    ResponderEliminar