viernes, 17 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas

Hoxe, aínda que é festivo, penso que no noso blog debemos festexar tamén o Día das Letras Galegas e que mellor maneira que facelo contando o que fixemos no cole para conmemorar esta data tan sinalada para os galegos e galegas.

Ao longo da semana, cada curso decorou unha bolsa de tea para colgalas no corredoiro da biblioteca para ser vistas por todos e todas. Nós debuxamos por un lado da bolsa ao protagonista deste ano, Antonio Fraguas Fraguas, e polo outro lado fixemos a bandeira de Galicia, xunto coa data 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Eu penso que vos quedou ben chulo! 👌😉











 Ademais, onte falamos e limos sobre a vida e obra de Antonio Fraguas, tanto na clase coma nas escaleiras do centro, onde había pegados nas paredes diferentes posters sobre o autor.





Gozade do día e da vosa lingua! 📝💙

2 comentarios:

  1. A bolsa é chulísima!!😍 Quedou xenial o corredor con todas as bolsas colgadas. Nós hoxe fomos a manifestación do Día das Letras Galegas e agora estou a ver se aprendo o himno de Galicia.💙
    Feliz Día das Letras Galegas.✍🏻💙
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar