lunes, 27 de mayo de 2019

A mellor sopa do mundo

O venres pasado, na nosa sesión de biblioteca, estabamos a traballar en diferentes cousas cando as intérpretes de lingua de signos do noso cole, Tareixa e Andrea, chegaron cun grupo de alumnos e alumnas. Querían gravar un conto para que os nenos e nenas puideran velo en youtube e así aprendelo en lingua de signos.

Deste xeito, pediron a nosa colaboración. Sabela foi a encargada de ler o conto, marcando os personaxes para que Tareixa e Andrea puideran interpretar cada un deles. Tiñamos que estar en silencio, así que o resto fixemos un alto no noso traballo e fumos público e testemuñas privilexiadas da gravación do conto.

A mellor sopa do mundo xa está "colgado" na canle de youtube de LSE Ceip Quiroga Palacios, pero neste vídeo que eu gravei (mentres elas gravaban o seu 😅) vésevos como público e moloume máis. 😉



9 comentarios:

  1. Este conto vano a escenificar os de 2ºA e Xurxo vai ser o narrador e xa ten a vestimenta preparada!!! ❤️😉
    A mín encantaríame ver ese teatro.🤞🏻
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois haberá que investigar horarios, xa que ese día nós tamén teremos actividades... 🤔

      Eliminar
  2. A ver se hai sorte🤞🏻
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  3. Cantas cousas👏👏👏
    Ata mañá
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito o conto.
    ÁLEX.

    ResponderEliminar