miércoles, 2 de diciembre de 2020

Microrrelatos de terror

Xa está dispoñible na nosa biblioteca de aula o primeiro recopilatorio dos nosos relatos.

Esta primeira edición consiste en relatos que escribimos para o I Certame de microrrelatos de medo da nosa escola.

Despois de escribir, pasar a limpo e ler as historias, houbo uns finalistas que foron votados polo grupo-clase, sendo Pilar a escollida para representar a 6ºB e Nuria representará a 6ºA.

Con esta actividade, ademais de facer voar a nosa imaxinación e traballar a nosa creatividade, aprendimos dos nosos erros para mellorar en caligrafía e ortografía, na redacción e na presentación dos nosos futuros relatos. Seguro que haberá máis! 👍😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario