lunes, 14 de diciembre de 2020

Frank Sinatra

Último artista do trimestre.

Señoras e señores, con todos vós... a VOZ! Frank Sinatra!

Sinatra, cantante estadounidense, naceu o 12 de decembro de 1915 e finou o 14 de maio de 1998. Foi apodado como a voz, pola súa calidade interpretativa. Sinatra é considerado como unhas das figuras máis destacadas da música popular do século XX. A súa popularidade é inmensa, chegando a ser coñecido por todos. Imposible non coñecer algunha das súas cancións como New York, New York, I've got you under my skin, Come fly with me, My way... a lista sería interminable!

Famoso é o seu grupo de amigos, denominado o Rat Pack, formado por cantantes e actores como Dean Martin, Sammy Davis Jr., Peter Lawford e Joey Bishop, cos cales se xuntaba para facer concertos, películas e pasalo ben.

Tamén son coñecidas as súas afinidades coa mafia da época ou coa famosa familia Kennedy.

Ademais da música, Frank Sinatra tamén destacou na interpretación e aínda que conta a lenda que compraba os seus papeis por medio de sobornos, acadou o Oscar polo seu papel secundario no film De aquí á eternidade.

Ao longo da súa extensa carreira, Sinatra gravou decenas de discos e participou en máis de cincuenta películas. Recibiu multitude de premios e homenaxes sendo moi respectado polos seus compañeiros de profesión, crítica e público.

Mostramos algunhas das súas cancións máis famosas. 👇🎵🎶

No hay comentarios:

Publicar un comentario