martes, 21 de enero de 2020

Stop-motion (Digicraft)

A última sesión de Digicraft non vai poder ser compartido no blog, xa que eu non estaba no colexio...

Pero aínda nos quedaba mostrar o anterior traballo. En dúas sesións diferentes traballamos por equipos para a realización dunha curtametraxe utilizando a técnica do stop-motion. 🎬🎥

Desta maneira, antes de comezar a actividade, visionamos un vídeo no que nos falaba sobre o acoso escolar e o cyberbullying. Despois de comentar dito vídeo, puxémonos man á obra para elaborar un guión cunha temática que denuncie casos de cyberbullying (insultar por medio do móbil ou redes sociais, compartir fotos comprometidas doutra xente sen permiso...). Mentres traballabamos no guión, coloreamos e recortamos os personaxes, así como a creación dun fondo para a película. Ao rematar, tiñamos unha caixa que funcionaba coma un plató de televisión, uns bonecos como actores e actrices e uns bocadillos que mostraban o que dicían. Fotografiando coa tablet os movementos curtos dos personaxes fumos acumulando unha longa lista de imaxes e a aplicación do stop-motion na tablet deulles movemento e vida. 📷📺

Aquí tedes algunhas fotos de todo o proceso e as curtametraxes finais.
A gravación dos vídeos tivo que ser por medio do meu móbil, xa que a aplicación da tablet non permitía descargalos... por iso a calidade deixa moito que desexar, pero o importante é ver os resultados do traballo e o ben que o pasamos.
Hai que ter en conta o pouco tempo que tivemos e o difícil que é traballar esta técnica.
Para ser a primeira vez, eu penso que os resultados son moi bos! 👌😃


































4 comentarios:

  1. Ola Aleixo maña temos digicraft😍😍😍😍😍😍👍👍👍👍😂😂😂🖐️

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, Esteban.
      Ben sei que che gustan estas actividades. 👍🏼😉

      Eliminar
  2. E moi entretido ver como colaboran e aportan ideas ,encantame ver o blog,felicitacións Aleixo!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias! 👍🏼😊
      Os nenos e nenas están a facelo moi ben. 👌🏼🥰

      Eliminar