miércoles, 29 de enero de 2020

No dudaría

Mañá, 30 de xeneiro, conmemórase o Día da Paz. ☮

Para esta data sinalada no noso calendario escolar, o centro organizará unha ART-LAND, que consistirá en formar o símpolo da paz ☮ con materiais da natureza como: pedras, ramas, follas, flores, piñas, herba, area... Unha vez que nos xuntemos todos no pavillón, cada curso colocará o material no símbolo e farase unha foto panorámica. De seguido, lerase un manifesto pacifista. Finalmente, cantaremos todos xuntos a famosa canción No dudaría, composta por Antonio Flores.

Por certo, sei que hoxe fai unha tarde de cans, pero por favor, acordádevos de traer mañá algunha cousiña para o símbolo da paz, porque como xa falamos esta mañá, non imos quedar nada ben se aparecemos sen nada... 🙈🙈🙈

Hoxe por fin escoitamos a canción No dudaría, que seguro que na casa tamén a coñecen.

Aquí vos deixo o primeiro ensaio de hoxe, máis a canción orixinal do artista para que practiquedes na casa. 🎤🎵🎶

Mañá volveremos ensaiar xa con máis seguridade na letra e na melodía, seguro! 👍😎🎶

6 comentarios:

  1. Esa é unha canción moi bonita. Na escola de mamá tamén a van facer e nos témola no coche por eso a coñezo.
    Nós na escola vamos a cantar "Vivan las manos de colores" signada.🙌🏻🙌🏻 Coñecédela? aquí na casa encántanos, ten unha mensaxe moi bonita e moi importante.❤️
    Gorka☺️ (ceip quiroga palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Preciosa canción Gorka e máis en lingua de signos, seguro. 🎶🥰🎶

      Eliminar
  2. a le8xo eu re in me moito cando nico fiso o espagat e ogala que sa chege malla pa bailar❤❤❤❤❤❤❤

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, aínda nos botamos unhas risas. 🤣😂🤣😂

      Eliminar