viernes, 22 de noviembre de 2019

Pasapalabra (Digicraft)

Esta semana, a sesión de Digicraft consistiu nun xogo ben coñecido por todos. A actividade estaba baseada no famoso programa televisivo Pasapalabra! 📺

Así, dividímonos en varios equipos para recortar letras do abecedario e pegalas nun cartón para crear o noso propio rosco. 🅐🅑🅒🅓... 🅨🅩








De seguido, a profe Mari Carmen deunos unhas definicións nada doadas de saber a que palabras se referían, xa que a temática era toda de tecnoloxía, polo que utilizamos as tablets e Google para encontrar o vocabulario. 📲

Tras un tempo de busca, comezou o xogo!
Mari Carmen lía as definicións por orde e cada equipo, por quendas, tiña que dicir o vocabulario correspondente: Empeza por A!; contén o B!; Co C!...
🅐🅑🅒🅓...













Sen entrar en quen acadou máis ou menos letras, o caso é que traballastes moi ben en equipo!
Bravo por vós! 👏👏👏😃

13 comentarios:

  1. Non sei se o sabedes, pero xa non volveran botar Pasapalabra. Porque era un plaxio dun programa estadounidense.
    Noa 4ºA do curso pasado

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Noa!
      4° do curso pasado e agora en 5° coma nós. 😉
      Tes razón,agora creo que cambiou o estilo do programa e ten outro nome...🤔

      Eliminar
  2. Encántanme tódalas actividades que ides facendo e a oportunidade que temos as familias de gozar delas a través desta fiesta que nos abres. Grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome que as familias o apreciedes e o gocedes, Mercedes.
      Os nenos e nenas están a facelo moi ben. 👌🏼☺️
      Un saúdo!

      Eliminar
  3. Que chulada de rosco de Pasapalabra!! Nós o que fixemos en Digicraft foi crear o noso propio videoxogo.🎮 O que tiñamos que facer era que tiñas que coller un folio e debuxar as nosas propias plataformas, logo tiñamos que pintar de verde os trampolíns, de negro o chan polo que pasaría o personaxe, de vermello os enemigos ou as trampas e de azul os colecionables, é dicir as moedas ou os obxetos que vas atopando a medida que avanzas. Unha vez que acabas teslle que sacar unha foto ao debuxo e logo telo que poñer como queiras na tablet e logo xa podes empezar a xogar. O obxetivo do xogo é que se hai que desfacer dos colecionables arroxándoos as trampas ou aos enemigos.
    Gorka ☺️(CEIP Quiroga Palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Gorka!
      O videoxogo fixémolo na actividade anterior a esta e debeu ser igual pola descrición que das, xa que coincide en todo.
      Coidado entonces, porque no blog haberá "spoilers"...😅

      Eliminar
  4. A min gustoume o xogo era difícil e había que pensar pero fui divertido, ahora o pasapalabra xa non Hai ahora o programa chamase o tirón 😁😁 ÁLVARO CPI SAN VICENTE

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben que o gozaras Álvaro!
      E gracias pola información do programa porque eu non o sabía... 👍🏼😁

      Eliminar
  5. Ola Aleixo saves que temos a 2 hora

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Toca mañá a segunda hora, si. 👍🏼😁

      Eliminar
    2. Vexo que temos ganas Esteban... 🤣😂

      Eliminar
  6. Ola Aleixo son a nai de Esteban gustame mouto o voso blog

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias!
      Alégrome que o vexades e o disfrutedes en familia!👍🏼😊

      Eliminar