lunes, 25 de enero de 2021

Woodstock

Regresamos despois dunha fin de semana longa tras gozar do noso festivo local. Espero que estedes coas baterías recargadas, porque veñen semanas movidas con exames e demais... Pero tamén sabemos que queda menos para o Entroido! 💪😁🎭

En fin, o caso é gozar do día a día coas nosas clases e seguir aprendendo, non si? 😉

Esta semana, coa chegada do Día da Paz (30 de xaneiro), non faremos a biografía específica dun artista, senón que falaremos dun concerto moi importante co cal houbo un antes e un despois no movemento cultural e social da época. Estamos a falar do Festival de Woodstock.

O Festival de Woodstock é o festival de música máis famoso da historia. Aínda que é moi recoñecido polo momento en que se realizou, temos que saber que foi un auténtico desastre en canto á organización. Para comezar, o festival tívose que pospoñer varias veces, así como cambiar o lugar da celebración. Ninguén quería aglomerar a tanta xente "melenuda" nun sitio para escoitar música ruidosa! 
Finalmente, celebrouse na localidade de Bethel, cerquiña da gran cidade de Nova York, os días 15, 16 e 17 de agosto do ano 1969. Estaba organizado para 60.000 asistentes, así que cando alí apareceron 400.000-500.000 persoas sen entradas, podedes facervos unha idea do caos que se formou naquel recinto... Ademais, houbo mal tempo, o que fixo que o emplazamento se convertira nun auténtico barrizal! A cantidade de coches que se acercaron ao recinto foi desmesurado e tras producirse colas interminables de atascos, a xente optou por abandoar os vehículos e ir camiñando ata a entrada. E máis problemas todavía, os tempos dos concertos fóronse retrasando horas, é decir, grupos que igual tiñan que tocar ás 18,00h da tarde, acabaron por saír ao escenario ás 3,00h da mañá!
En fin, unha fin de semana de loucura onde se viron concertos de grupos musicais marabillosos.

A pesar da súa mala organización, o Festival de Woodstock celebrouse nun momento álxido do mevemento hippie, da Guerra de Vietnam, da contracultura en favor da paz e o amor... Isto fixo que o festival sexa idealizado na cultura popular.

Nel actuaron grendes grupos e artistas da época como Jimmy Hendrix, Janis Joplin, Joan Baez, Santana, Grateful Dead, The Who, Joe Cocker, The Band, Creedence Clearwater Revival ou Jefferson Airplane, entre moitos outros.

Anos despois, intentouse revivir o festival, tanto no ano 1994 como en 1999, pero nunca foi igual ao momento vivido nos anos '60.

Aquí abaixo deixamos uns vídeos daquel inesquecible Woodstock do '69. 👇😉🎶🎵

No hay comentarios:

Publicar un comentario