viernes, 8 de enero de 2021

Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

Aquí estamos de novo! 👋😊

Comezamos o 2021 e o segundo trimestre cun novo proxecto! 👏👏👏😄

Ao longo do curso traballaremos distintas actividades utilizando o podcast como medio de comunicación. Para iso, o centro creou unha páxina propia no espacio de Spotify denominada O son da Baña.

A primeira actividade consistiu nun conto infantil interpretado entre o alumnado de 1º e 6º B de EP, titulado Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis. 😁👑👑👑

Parabéns a todos e a todas! 👌😉

👉  A introdución vai da man de varias alumnas de 1º da ESO.

👉  Agradecer a Mar (directora) e a Iria (titora de 1º e profe de Música) pola súa implicación neste novo proxecto no que nos iniciamos con moita ilusión.



O conto, como vos avisei por correo, saiu o día de Reis na Radio Galega e poderedes escoitalo sempre que queirades en Spotify. Aquí vos deixo a ligazón. 👇📻🎤🎧🎭

O son da Baña. Contos na lareira 1: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

2 comentarios:

  1. Ola feliz ano!
    Que idea máis chula. Nós temos ese conto na casa e sempre nos gustou, a min de pequena preocupábame que me pasara iso na noite de reis😂.
    Mola escoitarvos como si fora a radio😍😍😍.Probei o enlace e tamén puiden escoitalo aínda que non son dese cole.
    Eu utilizo Spotify e teño as miñas listas, agora buscarei de vez en cando a vosa a ver que grabades. Ademais este ano os reis trouxeronme uns cascos diadema sen cables que se escoitan moi ben e podo poñer Spotify e a miña música a todo volume e por toda a casa!
    Gustoume moito esta idea do voso cole.
    Bicos
    Uxía ✌xí✊ (Ceip Quiroga Palacios)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Uxía!
      Que bos agasaios tiveches!👌🏼😉
      O conto é moi simpático e interpretalo entre os nenos pequenos de 1° e os maiores de 6° foi unha actividade ben bonita. Esperamos facer máis cousas no podcast do cole durante o curso e que vos gusten.
      Moitos bicos!😘💖

      Eliminar