viernes, 22 de febrero de 2019

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro (domingo) conmemórase o nacemento da escritora máis importante e recoñecida de Galicia, Rosalía de Castro.

Para celebralo, ao longo desta semana elaboramos un mural onde ilustramos diferentes introducións de poemas, máis unha pequena biografía (gracias pola vosa colaboración!).

Hoxe limos dito mural e comentamos o significado de cada poema.


























Tamén recortamos e plastificamos uns marcapáxinas recordando dita conmemoración.

A nosa compañeria Ana trouxo o calendario cultural de febreiro, o cal nos informou de que hai un concerto de poemarios de  Rosalía de Castro de balde mañá, sábado 23, ás 12.00h no centro sociocultural de Conxo.


























Ademais, algúns de vós trouxéchedes cousas relacionadas con Rosalía, como por exemplo Adrián que nos ensinou un audiolibro con poemas musicados da autora e que ten moito que ver co concerto do sábado, ou Mateo que nos trouxo unha bonita postal coa súa imaxe e que xa luce nunha das paredes da aula.


























Por último, recordar que días atrás, a nosa compañeira Lía trouxera uns recortes de xornal onde se adicaban varios artigos á figura de Rosalía de Castro.



























Unha vez máis, quero darvos as gracias polas vosas colaboracións e aportacións que fan que a nosa aprendizaxe sexa máis enriquecedora! 👍😊

8 comentarios:

  1. Onte meu irmán, e creo que tamén os de quinto, foron cantar un poema de Rosalía a praza de Vigo," Adios ríos, adios fontes" de forma oral e signada. E nós na casa temos un conto dos bolechas que fala de Rosalía de Castro, e miña nai ten unha camiseta de Rosalía.
    Boa fin de semana.
    Gorka.☺️

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Gorka, Rosalía é un tesouro que temos que reinvindicar sempre! 😉

      Eliminar
  2. Rosalía, Malala... hai que falar delas para coñecelas mellor e reinvindicalas e poñelas de exemplo.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
  3. E hai moitas máis que non coñecemos todavīa.
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
  4. Rosalia !Rosalia ! Como mola esta Rosalia !

    ResponderEliminar