jueves, 21 de febrero de 2019

Elaboramos tebeos propios!

Non só traemos e recomendamos libros doutros autores, en 4ºA tamén creamos e elaboramos os nosos propios materiais! Cancións, poemas, chistes e... tebeos!

Quero recordar que o ano pasado o noso compañeiro Sirius ensinounos un mini-tebeo feito por el mesmo (teño unha copia na miña colección de cómics) e sei que neste curso anda noutro proxecto coa súa compañeira Ana, pero diso falarán eles máis adiante... Hoxe tócalle á parella creativa Álex e Sergio, que andan a argallar algo polo estilo. Eles mesmos contan o seu proxecto.

"OS EXCELENTES DETECTIVES"

Esta historieta trata de tres "excelentes detectives".


O primeiro tebeo que fixemos, "A broma que se convirte nunha pesadilla", gustou moito á xente.

Vendemos moitos exemplares, a 1000 euros (de mentira) cada un! 😂

O cómic trata de dous ladróns que van a roubar un cadro dun museo de Galicia. Cando os ladróns entran no museo, os donos do museo chaman aos detectives!


Non vos vamos a contar máis porque senón xa sabedes de que vai a historia e non o comprades... 😜

Sergio e Álex






11 comentarios:

  1. Como molan os tebeos!!! Na miña casa temos de todos os tipos, eu estou lendo "Los diarios de Cereza" vou polo terceiro libro, e somos fans de todos os de Marvel e Dc...meu irmá que ten 5 anos dende pequeno fai os seus propios tebeos de superheroes.
    Quere ser pintor👨‍🎨👨‍🎨
    Quedou moi chulo o de Álex e Sergio👍👏👏👏.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me gustan os tebeos!! Lín de Marcopola, Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, o botones Sacarino, Carpanta, Rompetechos, Pepe Gotera e Otilio, Sir Tim o Theo e Super López. E dicir, encántanme os tebeos e a meu irmán tamén. Os vosos tamén son chulos.
    Ata mañá.
    Gorka.☺️

    ResponderEliminar
  3. Gorka eu teño un tebeo de Marcopola e tamén me pareceu moi chulo👍.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. quien halla hablado deve decir su nombre


      sirius

      Eliminar
  4. Buuuuuu o comic de DC ansin e mellor e dentro de pouco saira a venta ;) ;) ;) ;) ;)

    son Sirius e eu creo que o noso e mellor

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estamos ansiosos de ver o voso tebeo Sirius! 😁

      Eliminar
  5. Ola! Son Sergio. Gustoume facer os tebeos. A verdade é que é moi divertido.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero que cando o rematedes o ensinedes na clase. 👍🏼😉

      Eliminar
  6. Xa estou pensando en compralo .
    Noa

    ResponderEliminar