martes, 5 de febrero de 2019

Máis lecturas recomendadas!

Os nenos e nenas de 4ºA seguen a traer lecturas moi interesantes para suxerir aos seus compañeiros e compañeiras.

Ana comezou un libro da famosa colección Enid Blyton, que moitos maiores coñecemos. Segundo nos contou, as edicións da nosa época non lle facía moito chiste, xa que as vía moi vellas (gracias Ana por facerme sentir máis "viejuno" do que xa me sinto... 😅), así que decidiu probar cunha edición máis actualizada e parace que gustou!


Ese mesmo día, Adrián ensinounos outro libro moi ao estilo que xa nos ensinara un día Simón Casas. Un libro onde os personaxes e aventuras ocorren na nosa cidade, Santiago de Compostela. O seu título é "Unha mensaxe para Sara".


Para rematar, o noso compañeiro Lucas tamén trouxo un libro ben interesante e que neste caso herdou do seu irmán, "Preguntas e respostas". Lendo o seu título ben podemos imaxinar de que vai, preguntas interesantes e as súas respostas sobre cultura, historia, animais...


Moitas gracias polas vosas aportacións! 📖

6 comentarios:

  1. Moitas grazas polas suxerencias. Todos me pareceron moi interesantes. Ana, vou a buscar ese libro, ten moi boa pinta. Eu non tiña nin idea de que existía. Adrián, eses libros que falan sobre Santiago de Compostela son chulísimos. Eu, na miña casa, teño un que lle deron a miña nai no seu cole " Destino final: Santiago". Ese conto forma parte dunha colección que fala do Camiño de Santiago. Lucas, ese tipo de libros gústanme moito porque aprendes moitas cousas interesantes, é parecido o que trouxo Mateo un día, non? Eu na casa, teño unhas cartas parecidas ao teu libro, pero as miñas están divididas por asignaturas, un día lévoas a clase.
    Por certo Aleixo, meus pais dín que non sodes "viejunos", que sodes "vintage".
    Ata mañán. ☺️
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "Vintage", "retro", "old school"... 🤣😂🤣😂

      Eliminar
  2. Están todos moi ben e vou a mirar o libro que trouxo Ana. E tamén mirarei o de Adrián...
    Por certo Gorka teño varios amigos/as que fixeron o caamiño de Santiago.
    Lucas eu teño un libro parecido ao teu pero o meu é só de traxes da historia sobre todo medievais.
    Ata mañá.
    Lía.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lía, tiven un "problema técnico" coa túa entrada de hoxe... Poderías levar a información que escribiches hoxe do signo chino para facelo mañá outra vez? Espero que leas isto hoxe... 🤞🏼

      Eliminar
  3. Anita6.2.19

    De nada,Aleixo! Ja,ja,ja

    ResponderEliminar