miércoles, 13 de febrero de 2019

Técnica do salpicado en Arts!

Ao longo do mes de xaneiro, durante dúas sesións, traballamos con pinturas, auga e cepillos vellos para lanzar a "diestro e siniestro" manchas de pigmentos por todo o block, agás unha parte tapadiña para obter o debuxo desexado. Esta técnica para pintar coñécese como salpicado. Coincidindo co Día da Paz decidimos representar o símbolo que todos e todas coñecemos, pero ben podía ser outro.




Despois da roupa manchada, mesas salpicadas, vasos derramados...
Hoxe por fin vimos os resultados e... parece que non nos saiu nada mal!
Parabéns! 👌🎨



9 comentarios:

  1. Gustoume moitísimo esta técnica, quedaronnos xenial a todos!!
    Estou pensando que esta técnica do salpicado fareina na casa con outros símbolos.����‍��
    Ata mañan☺️
    Gorka.

    ResponderEliminar
  2. Que bonito!!!👍👍que pena que estuvera pachucha e non poder ir a o cole!!😥😪😫🤧🤢.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moito ánimo Uxía! Ti recupérate ben. O teu equipo esperará por ti para expoñer o voso mural e facer a foto 👍🏼😉

      Eliminar
    2. Pois grazas equipo😉😉😉👏🏻👏🏻👏🏻
      Ao principio Sirius y Simón Gestal non querían escoitarnos é por iso íbamos atrasados, pero despois en xeral o equipo escoitábamos uns a outros entón o equipo empezou a funcionar👍👍

      Eliminar
    3. Por certo,estou orgullosa do meu equipo, ánimo equipo!!👏🏻👏🏻👏🏻😉😉

      Eliminar
  3. Hoxe foi o dīa da radio. Eu descubrin unha nova que me dixo miña nai, chámase radio picariña, é moi especial, xa que so hai música infantil en galego, ademais podes poñer ti a canción que queiras dunha lista, e saen moitas que nos ensinaron no cole...O malo ė que so se pode escoitar por internet, no mobil, tablet, ordenador...
    Se vos interesa buscade: http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

    ResponderEliminar
  4. Certo! Mañá falaremos un pouco da radio e da súa historia. Eu sempre fun moi aficionado a escoitala dende que era pequeno.
    Cando veñas podes falarnos desa radio 👍🏼🎶🎵😊

    ResponderEliminar
  5. Recupérate pronto Uxía.Agora que falas da radio, eu teño unha foto cunha camiseta de Radio Bule Bule, de Paco Nogueiras, con meu irmán e miña nai,pero non sei subila ao blog para que a vexas.
    Buscarei esa emisora de radio para escoitala, grazas.��
    Gorka.

    ResponderEliminar