lunes, 16 de marzo de 2020

Escribimos historias

Ola a todos e a todas, pequenos e maiores! 👋

Comezamos o período de encerro na casa para prevenir posibles contaxios e así non masificar os centros de saúde. 😷

Como isto non se trata dunhas vacacións, ao longo destes días SumAndo sen restar seguirá coa súa actividade, máis intensa agora se cabe. Buscarase enlaces, actividades, vídeos... para seguir aprendendo dunha maneira diferente e por medio telemático. Compartirase vídeos educativos, cultura popular, curiosidades, música, arte, literatura, cine, manualidades, xogos...
📚💻🔭🔬🎨🎥🎶🎬🏀🌍

Para comezar, gustaríame dicirvos que, ademais das actividades académicas indicadas levadas para casa nos libros e libretas, se queredes podedes repasar materia xa dada no anterior trimestre e incluso avanzar materia para que cando a demos xa vos vaia soando a explicación.

Para que estedes tranquilos, á volta non haberá inmediatamente probas escritas ou orais, como estabamos a piques de comezar. Os primeiros días serán para reflexionar e debatir sobre o que está ocorrendo, que sentistes ou estades sentindo, que é o que botastes de menos durante o encerro na casa, o bo e o malo que sacou de nós esta extraordinaria situación, como actuariades se a seguridade dependera de vós... Sobre todo isto falaremos á volta. 😀💬💭

Estas reflexións déronme a idea de que podedes escribir unha redacción sobre esta experiencia ou inventar unha historia, conto, novela corta coa epidemia como tema principal. ✏👾
Por certo, sería un detalle ser optimistas no enfoque da historia. 😅

Para este traballo tede en conta o que aprendestes: introdución, nó e desenlace; personaxes principais e secundarios, crear diferentes escenarios, uso de descricións, coidar a ortografía e presentación, acompañar o texto con varias ilustracións... Enriquecede ao máximo a voso texto.
Non o fagades nun momento concreto. Pensade, buscade ideas, inspirarvos nas noticias, relede o escrito, cambiade cousas, traballade ben os debuxos... É un traballo a longo prazo, durante estes días.

Para axudarvos, na páxina de Lengua deste blog, tedes esquemas e cadros para traballar a expresión escrita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario