lunes, 23 de marzo de 2020

Aviso importante!

Estimadas familas:

👉 Dende o centro educativo e a miña titoría, pedimos que as familias contactedes comigo por medio do correo electrónico para ter coñecemento de que todo o alumnado está sendo informado sobre as tarefas e actividades a realizar durante este período de confinamento.

Este contacto é para evitar que certo alumnado quede desconectado/desinformado e por conseguinte, atrasado no proceso educativo.

Por iso, agradecería que me enviedes un e-mail para contactar comigo e así saber que todos e todas estades a recibir a información de actividades a realizar neste período de confinamento.
(O aviso tamén pode ser nos comentarios desta entrada, se non tedes correo, pero si vedes o blog)

Revisando o XADE esta mañá, moitas familias non cubriron a xanela do correo electrónico como contacto, o que dificulta a comunicación.
Rogo que as familias que teñades correo electrónico me enviedes un saúdo dicindo que estades a recibir información das actividades propostas para esta primeira quincena no blog ou na páxina web do centro e que o alumno/a está a traballar.

Toda aquela familia da que non teña noticias nos seguintes dous días será contactada polo equipo directivo a finais desta semana para coñecer a súa situación e intentar resolver, se fora preciso, calquera incidencia que estea dificultando o traballo do alumnado.

👉 Así mesmo, quérovos informar de o Concello da Baña ofrécese a facer reparto de libros e outros materiais a todo o alumnado, que lle indiquemos dende o centro, nos seus domicilios.
Neste sentido, penso nos libros de Sociais ou os blocks de debuxo que quedaron na aula, así como outros posibles libros de texto que quedaron esquecidos.

Recalco que non é obrigatorio pola miña parte recoller material, xa que non está ao alcance de todos pola cuestión anteriormente exposta.

Se hai familias que están interesadas en que se lle envíen libros de texto ou os blocks de debuxo decídemo no mesmo correo electrónico no que me corraboredes que estades en contacto comigo.

Comparto a información que tamén está na páxina web do centro. 👀👇

AVISO A FAMILIAS: REPARTO DE LIBROS DE TEXTO NOS FOGARES


23/03/2020 13:35
Europe/Madrid
Estimadas familias, 
En estreita colaboración co Concello da Baña, comeza hoxe o reparto dos libros de texto do alumnado de Educación Primaria, coa idea de que, dado que este confinamento está a prolongarse, poidamos continuar co proceso de aprendizaxe do xeito máis doado posible para todos. 
Se non estades seguros de que contemos coa vosa dirección correcta ou se queredes consultarnos algo, estamos no colexio todos os días de 10:00 a 13:00. 
tfs. 881867001, 881867004
Unha aperta e moita saúde a todos.
A dirección e o equipo educativo do CPI de San Vicente.

👉 Por último, quero insistir en que as actividades a facer na casa son obrigatorias, pero NON AVALIABLES, polo que suxiro que cada neno/a vaia traballando ao ritmo/situación/característica de cada familia.
Todos os exercicios serán correxidos e explicados na volta ás aulas, para que ninguén quede atrás.

Esta semana remataremos os exercicios marcados para esta primeira quincena.
A finais da mesma, compartirei as respostas que proporcionan os libros de texto (avanzo que son moi escuetas; por iso, non vos preocupedes porque serán correxidas e explicadas na clase).

O próximo luns 30, indicarei (no blog e na web do centro) o traballo para a segunda quincena.
Mentres, para as familias que queiran complementar as tarefas indicadas, seguirei compartindo enlaces educativos de interese e outras actividades no blog.
Gracias aos que estades a participar nalgunhas delas! 👏👏👏😊

Por favor, que as tarefas non sexan un motivo de preocupación máis do necesario.
Bastante complicada é esta situación como para estresarse coa escola.
Que cada familia traballe segundo as súas circunstancias e características.
O importante é que cada neno/a traballe diariamente un tempo. Para iso, destaco seguir un horario/rutina cada día. 📅📌

Os alumnos/as deben facer caso aos maiores, traballar, portarse ben e axudar na casa.
Pais e nais facilitaranme esa información e...vai para nota! 😜

Para calquera dúbida contactade comigo por correo electrónico.

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Saúdos, saúde e ánimo! 💪😉


25 comentarios:

  1. Se o facedes o aviso por aquí, este sería un exemplo:
    Eu, Aleixo, estou informado das actividades e estou a traballar nelas.

    ResponderEliminar
  2. Eu, Laura B. estou informada das actividades e estou a trallar nelas.

    ResponderEliminar
  3. Eu sandra sandra tou informada e tou a traballar nelas

    ResponderEliminar
  4. EU Nico estou informado e a traballar más tarefas.

    ResponderEliminar
  5. Eu Ana estou informada das actividades e estou a traballar nelas

    ResponderEliminar
  6. Eu, Aldara, estou informada das actividades e estou a traballar nelas.

    ResponderEliminar
  7. Eu, Ángel, estou informado das actividades e estou a traballar nelas.

    ResponderEliminar
  8. hola aleixo son aroa estou informada

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ✔️👍🏼😉

      Eliminar
    2. Hola Aleixo, son Anna.
      Eu estou informada das actividades progamadas para os vindeiros días e estou a traballar nelas.
      ÁNIMO A TODOS.
      Anna.

      Eliminar
    3. ✔️👍🏼😉

      Eliminar
  9. Hola,Aleixo eu xa as terminei todas menos lingua.
    MOITO ANIMO A TODOS.
    FELIZ CUARENTENA.

    ResponderEliminar
  10. Eu Saray, estou informada das tareas e estou traballando nelas

    ResponderEliminar
  11. Eu, Álvaro estou informado das tareas e estou a traballar nelas👋👋

    ResponderEliminar
  12. Ola son Hugo estou facendo os deberes.

    Esperamos que esteas ben e tamén vernos axiña!!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar