miércoles, 18 de marzo de 2020

Arco da vella na Baña

Ola nenas e nenos de 5º!
Ocorréuseme unha idea que vos quero propoñer, a ver se vos animades... 😁

Como imos estar bastante tempo metidos nas nosas casas e non imos estar en contacto presencial... 😒 (eu xa vos boto un montón de menos! 😥), pensei que poderiades crear un debuxo, mural ou cartel saudando e indicando que temos que quedar na casa para que isto pase o máis pronto posible.

A idea está copiada dos nenos e nenas italianos/as que decoraron os seus balcóns e ventás con debuxos do arco da vella e coa frase "Todo vai saír ben". 🌈

Eu pensei en facer ese debuxo, escribir a frase: Todo vai saír ben e indicar o noso lugar, A Baña.

Que vos parece?

Na imaxe tedes un exemplo, pero podedes facelo ao voso gusto! 🎨
Utilizade cartulinas, folios, libretas, tela... ceras, rotuladores, manley, pintura...
Toda a familia pode participar! 👦👧👨👩👱👶
Na Internet hai xa un montón de modelos!

Unha vez feito, facédelle unha foto (estaría ben aparecer nela, se queredes 👍😀) e mandarma ao meu correo electrónico (aleixo.gutierrez@edu.xunta.es).
Segundo as reciba esta semana ou fin de semana (avisádeme ao mandala para ver se a recibín), elaborarei unha entrada no blog para compartir todas as nosas fotos e vernos.

Apetécevos?


22 comentarios:

  1. Ola Amparo!
    Ao ler a túa mensaxe estaba practicando no teclado e toquei o "Cumpreanos feliz" na túa honra.🎶🎵🤩
    Moitos parabéns!🥳
    Non podo ou polo menos non sei pegar audios en comentarios para poñer a canción por aquí.😉
    Alégrome que che gustara a idea!
    Mans á obra co mural entonces!🌈
    Moitos bicos e ánimo!💪🏼😘

    ResponderEliminar
  2. Feliz Cumple Amparo.Cumpleaños feliz
    Cumpleaños feliz
    Te deseamos todos
    Cumpleaños feliz
    Desde el dia que naciste
    Has sido siempre y serás
    Una dicha para todos
    De inmensa felicidad
    Tu fiesta de cumpleaños
    la vamos a celebrar
    Unidos a tu familia
    Todos vamos a cantar
    Cumpleaños feliz
    Cumpleaños feliz
    Te desean tus amigos de Parchis
    Cumpleaños feliz
    Cumpleaños feliz
    Te desean tus amigos de Parchis
    Cumpleaños feliz
    Cumpleaños feliz
    Te desean tus amigos de Parchis
    Cumpleaños feliz
    Cumpleaños feliz
    Todos te deseamos cumpleaños feliz
    Venimos para alegrarte
    Para hacerte muy feliz
    Unidos a tanta dicha
    Y felicitarte a ti

    ResponderEliminar
  3. Eu tamen estou aburrida xa fixen un cuadro , un jollero pequeniño .Apuntome a o do arco da vella. Una youtuber fixo un para a sua casa.Que pases unha boa cuarentena.

    ResponderEliminar
  4. Bravo Aitana!👏🏼👏🏼👏🏼🥳
    Alégrome que adiques o tempo a cousas creativas!
    Se isto se alonga moito, encárgote un cadro para decorar a nosa aula.👩🏻‍🎨
    Nós encantados!👍🏼☺️

    ResponderEliminar
  5. Vale non hay problema.Xa che mandei o do arco da vella.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xenial Aitana!😊
      Encántame a túa foto!
      👏🏼👏🏼👏🏼🤩🌈

      Eliminar
  6. Ola Aleixo.
    Xa che enviei a foto do meu Arco da Vella polo gmail.

    Bicos

    Laura Buj (CPI San Vicente A Baña)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Marabilloso traballo Laura!
      🤩🌈
      Gracias por participar!👍🏼😊

      Eliminar
  7. aleixo amin non me entra o teu coreo son aroa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa recibín o teu debuxo Aroa.
      Contestei dicindo a ver se podías mandala outra vez, pero aparecendo ti tamén.
      Eu recibín correos hoxe, polo que ten que funcionar.🤷🏻‍♂️

      Eliminar
    2. Hola Aleixo, son Anna.
      Encantoume a túa proposta sobre a manualidade do Arco da vella da Baña.
      Eu tamán toco o piano, de momento estou aprendendo coa miña tablet que ten instalada unha aplicación que se chama (Sinply Piano-De Joy Tunes).
      Aprenderavos moitísimo. Por certo, eu estoulle facendo publicidade no blog, e non me pagan, QUE RACANOS.
      Eu o ano pasado tamén tocaba a guitarra. De vez en cando doulle un repasiño as leccións que din o ano pasado meu anterior profesor: Alejandro.
      Acordaste del Amparo?
      ANIMO A TODOS.
      Anna.

      Eliminar
    3. Jajajaja! 😂🤣
      Pois deberían pagarche!😁
      Que ben que practiques o piano e a guitarra, Anna.🎹🎸🎶🎵
      Así me gusta, que aproveitemos o tempo.
      Bicos e moito ánimo!💪🏼😉

      Eliminar
  8. Hola Aleixo son Anna.
    Eu tamén teño morriña de todos vos.
    Por certo, eu tamén toco o piano e o ano pasado tocaba a guitarra, de vez en cando doulle un repasiño as leccións que din co meu anterior profesor de guitarra Alejandro, que por certo xa non está na escola de música da Baña.
    Acordaste del Amparo?
    Eu estou a facer esta manualidade Aleixo deixocha mañá no teu correo.
    Chao, bicos para todo.
    ANIMO A TODOS.
    Anna.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Anna!
      Que ben lerte por aquí!👏🏼👏🏼👏🏼
      Alégrome que che gustara a idea, espero a túa foto.👍🏼😉🌈
      Eu tamén estou practicando no piano un pouquiño máis durante este encerro na casa.🎹🎶🎵
      Xa que non podemos saír, polo menos aproveitar para facer cousas que normalmente non nos da tempo...
      Moitos bicos Anna!😘

      Eliminar
  9. Hola Aleixo, son Anna.
    Escriboche para saber si xa tes as fotos dos meus debuxos.
    Por certo, se ves algún fallo e porque estou sen gafas e non vexo un pimiento.
    Chao.
    Anna.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Anna!
      Si xa es teño.👍🏼
      Contesteiche no correo. Podes facer a foto aparecendo ti cos debuxos. Dígoo porque as túas compañeiras están a facelo así.
      Os debuxos son preciosos Anna!
      🌈🤩

      Eliminar
  10. Hola Aleixo son Anna.
    Moitas grazas polo cumplido.
    Non puden mirar o teu comentario no correo electrónico porque envieiche as fotos polo móvil do meu pai.
    O debuxo mais pequeno coa axuda duns lápices acuarelables que me realou Mariquiña fai dous anos polo meu cumpleaños.
    Veñen nun set de 72 colores.
    Chao.
    Anna.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Anna, unha boa artista ten que ter bo material.😉
      Precioso.👌🏼🌈

      Eliminar
  11. Respuestas
    1. Vexo no teu nome que pon Anna e Paula.
      Se mamá e papá vos deixan, podedes facervos unha foto as dúas co arco da vella.
      Hai compañeiras/os que tamén o fixeron con irmáns ou irmás.👍🏼👭

      Eliminar