miércoles, 25 de marzo de 2020

Elvis Presley

Seguimos con esta nova sección de Mini-biografías no noso blog para coñecer personaxes destacados da cultura en xeral.

O protagonista volve a ser un artista, pero desta vez do mundo da música.
Estamos a falar de Elvis Presley, considerado o rei do Rock´n´Roll!  🎶🎵🎸

MINI-BIOGRAFÍAS (Elvis Presley)

Elvis Aaron Presley naceu na cidade estadounidense de Tupelo (Mississippi) o 8 de xaneiro de 1935 de finou en Memphis (Tenesse) en 1977.

No parto naceron dous xemelgos , pero por desgracia só sobreviviu Elvis, convertíndose en fillo único. O neno vivía cos seus pais nunha casiña moi humilde e xa de moi novo contacta coa música gospel que escoitaba na igrexa. Máis adiante comezaría a escoitar música blues e country, o que influiría de maneira notoria no seu futuro estilo musical.

Comezou a ir á igrexa coa súa nai e a cantar no coro. Tamén aprendeu a tocar a guitarra de maneira autodidacta. Na escola de primaria destacaba polas súas dotes musicais.

Ao destacar musicalmente, o pequeno Elvis anímase a participar en distintos concursos musicais para nenos/as e incluso aos 10 anos canta nun programa de radio.

Aos 13 anos, múdase coa súa familia a Memphis, onde estuda a secundaria. Nesta época segue a escoitar moita música e a practicar coa súa guitarra. A súa actitude rebelde empézase a notar no instituto coa súa maneira de vestir, no seu peiteado con gomina e tupé e unha actitude "chulesca". Aínda así, Elvis sempre diría que nunca foi un rapaz popular nos seus anos mozos.

Ao rematar a secundaria, con 18 anos, comeza a traballar de camioneiro. A súa pasión pola música non disminúe e segue a practicar coma un hobby. 

Un día pagou 4$ por grabar dúas cancións nun estudio. Dícese que o fixo como agasallo de cumpreanos da súa nai, pero hai xente que di que o fixo para intentar chamar a atención do dono da discográfica.

Fora como fora, dito estudo e discográfica era Sun Records e o seu propietario, Sam Phillips. Phillips era un cazatalentos que convertiu o seu estudo musical nunha das discográficas máis populares da época por descubrir e traballar cos artistas máis destacados do comezo do R´n´R: Johnny Cash, Jerry Lee Lewis, Carl Perkins ou Roy Orbison.

Desta maneira, Sam Phillips fixouse nun xovencísimo Elvis e decidiu apostar por el. 
En 1954, Presley xa estaba grabando música e dando pequenos concertos pola zona de Memphis.
Pronto comezou a ter éxito e acadar unha gran cantidade de fans, polo seu único estilo musical, a súa fantástica voz, a súa enérxica maneira de bailar e o seu éxito entre as rapazas.

Aos 20 anos, Elvis Presley abandona Sun Records para firmar un gran contrato coa multinacional RCA Records. Coa axuda desta discográfica e o seu mánager, Elvis acada en 1954 o seu primeiro Nº1 nas listas musicais coa canción "Heartbreak Hotel".

Co éxito, o artista comeza a participar en películas e programas de televisión, o que fai que a súa fama aumente considerablemente.

Deste xeito, Elvis gaña unha gran cantidade de cartos e en 1957 compra unha mansión en Memphis que a bautiza co nome de "Graceland". Hoxe en día é un lugar moi visitado polos fans do artista ao tratarse dunha casa-museo.

No medio do seu ascenso artístico, tivo que facer unha pausa, xa que lle tocaba facer o servicio militar obrigatorio, viaxando a Alemania por un tempo de ano e medio. Nesta época ocorren dúas cousas que marcarán a vida do noso protagonista. Por unha banda morre a súa querida nai e por outra, coñece á que sería a súa futura muller, Priscilla.

En 1960, Elvis reanuda a súa carreira artística centrándose sobre todo no cine como actor e cantando as bandas sonoras das súas películas. Dos seus films destacan "G.I.Blues", "Girls, Girls, Girls" ou "Viva as Vegas".

A medida que crecía o seu éxito, a vida privada de Elvis complicabase cada vez máis. O seu mánager, o coronel Parker, era moi estrito e gastaba unha gran cantidade de cartos que fixo que Elvis tivera complicacións coa xustiza durante anos. Tamén tivo problemas amorosos coa súa muller Priscilla ao longo dos anos.

Polas dificultades persoais que atravesaba e os cambios culturais, Elvis foi perdendo popularidade pouco a pouco, ata que regresou por todo o alto cun especial televisivo titulado "´68 Comeback Special", que foi todo un éxito de crítica e público.

Durante a década dos ´70 seguiron os seus problemas persoais e de saúde. Acabaría por divorciarse de Pricilla en 1973, perdendo a custodia da súa filla Lisa-Marie.

A pesar do seu rápido deterioro físico, Elvis Presley segue a conservar intacta a súa voz e goza dun gran éxito nas súas actuacións ao longo do país, destacando os seus shows das Vegas.

Finalmente, morre de súpeto, o 16 de agosto de 1977, aos 42 anos, no seu fogar de "Graceland" e por un paro cardiaco debido posiblemente a unha gran cantidade inxesta de medicamentos ao longo do tempo.

Na carreira de Elvis Presley hai 3 etapas diferenciadas coincidindo coas décadas dos ´50, ´60 e ´70.
A min gústanme todas!
É o que ten ser fan do rei do Rock`n`Roll!! 😎

Déixovos vídeos de Elvis Presley de cada época. 👀👇
Que o disfrutedes! 😉🎶🎵



No hay comentarios:

Publicar un comentario