lunes, 16 de marzo de 2020

Horarios e rutinas

Durante estes días debemos ser conscientes de que non estamos de vacacións. Aínda que polo de agora, esta medida de prevención é de 14 días, non sabemos con certeza canto pode durar, polo que é importante crearse un horario para as nosas actividades diarias.

É inevitable os cambios de rutina, pero debemos intentar minimizalos, xa que necesitamos unhas pautas similares ás habituais.
Variar horarios de maneira drástica e caer na inactividade, pode supoñer estados de confusión, trastocar o noso estado de ánimo, alterar o noso horario de sono, sufrir maior irritabilidade na convivencia ou influir no apetito.
Por iso, recalco que non estamos de vacacións e que debemos facer caso (non deberían nin de dicírnolo...) á hora de poñerse a facer exercicios ou adicar tempo ao estudo.
📅📌

Ser capaces de saber cando nos toca estudo, facer tarefas do fogar, realizar algo de exercicio físico, xogos, lecturas... é importante para manter un bo estado de ánimo, así como unha orde no día a día nas nosas casas.

Somos xa maiores para poder axudar na casa, xogar cos irmáns/ás pequenos/as, coidar dos animais, gozar da compaña familiar, etc.

Para iso, déixovos uns exemplos de horarios que encontrei polas redes e que vos poden dar unha idea para elaborar o voso propio.

Unha vez máis, saúdos e ánimo coa concilia! 👍😉





No hay comentarios:

Publicar un comentario