lunes, 30 de marzo de 2020

Proposta de traballo (30 marzo-3 abril)

Estimadas familias:

Para rematar o trimestre, achego na web do centro (apartado de 5º EP) as últimas fichas de repaso de Lingua Castelá e Matemáticas.
Como non todos podedes imprimilas, penso que o mellor é escribir os exercicios nas libretas para que non haxa agravios comparativos.

Esta nova quincena de confinamento inclúe Semana Santa, e polo tanto vacacións.
Por iso, non se deixará máis traballo que o desta semana e, quen o necesite, pode aproveitar as vacacións para rematar os exercicios dunha maneira máis relaxada.

Recordade que non son avaliables, o importante é que os nenos/as vaian traballando de maneira regular cada día.

Á espera de novas indicacións por parte da Consellería de Educación, despois das vacacións informarase da organización do terceiro trimestre.

👉 Temos a sorte de ter os libros e libretas na casa, polo que todo aquel ou aquela que queira facer máis do indicado, ten exercicios feitos para repasar.

👉 Seguide o blog de aula, compartiranse actividades e enlaces de interese.

👉 Os nenos/as que queiran escribirme ao correo electrónico de maneira máis privada e persoal para contarme como se sinten, que actividades fan na casa... poden facelo.
Estarei encantado de escribirme con eles!

Moitos bicos para os rapaces e ánimo e forza para as familias.
💓💜💙💚💛


No hay comentarios:

Publicar un comentario