viernes, 20 de marzo de 2020

Enlaces de interese

Por se queredes ampliar o traballo destas dúas semanas, aquí vos deixo un enlace dunha web educativa moi interesante, Ayuda para maestros.

Trátase dun xerador de operacións para distintos niveis, polo que vos pode valer para nenos/as de distintos cursos. ➕➖➗❌

Espero que vos sirva para practicar cálculo.

http://www.ayudaparamaestros.com/2010/01/generador-operaciones-on-line.html?fbclid=IwAR0HGA6bOkhloSncf-5ovfvJWiKFkXhbgB1WyRP1bRnctbXXvSo8RVteINI

Na mesma páxina (como veredes ten multitude de actividades para todos os cursos e materias), hai un xerador de sopas de letras que vos pode ser útil para entretervos e de paso darlle á cabeciña. 😏

http://www.ayudaparamaestros.com/2017/05/generador-de-sopa-de-letras-en-pdf.html?fbclid=IwAR1YMmNbIwze7S1NeE61oVZF3IVHm7Tf8Eq71rDT5VmKUA-CTLd5QhcioHc

Outra páxina web educativa do máis completa e interesante é Orientación Andújar. Neste espazo tedes todo tipo de actividades para que fagan os nenos e nenas, de todas as materias, actividades creativas, exercicios de reforzo...
Eu déixovos este enlace que trata dun reto para 15 días onde tedes que facer un debuxo por día.
Sempre o podedes adaptar como queirades. 👍🎨

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/16/reto-15-dias-15-dibujos-os-dejamos-ideas/?fbclid=IwAR1XBxi3i1D7gis95jD7h4pOs1q5cL3_cA5dYGq0INRQDEAl-jMn9t0Cy6I

Haberá familias que non dispoñen dunha impresora ou que teñen, pero poden quedar sen tinta... (é o meu caso 😅). Por iso, suxiro que, na medida do posible, fagades os exercicios ou actividades nunha libreta.

Espero que estes enlaces vos dean ideas para estar entretidos e seguir repasando o lado académico.

Moito ánimo! 💪😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario