lunes, 16 de marzo de 2020

Confirmación de traballo a realizar

Para que non  haxa dúbidas en canto ao traballo a realizar entre o alumnado, vouno escribir aquí.

Recordo que, a maiores destes exercicios, está o repaso de todos os temas anteriores, realizar ditados, lecturas, cálculo, problemas de razoamento...

Nas diferentes páxinas do blog hai esquemas deste curso e do anterior que vos poden axudar. Ademais, ao longo dos días compartirei diferentes enlaces para descargar e imprimir fichas de traballo de diversas materias se vos interesa.

Traballo a realizar durante as próximas dúas semanas

- Lingua Castelá
.Páx. 114 e 115 (ademais podedes seguir repasando os xentilicios da libreta).
. Páx. 121: ex. 3-8 e o ditado. (Algúns xa están feitos na clase) 
. Páx. 136: ex. 1 e 2
. Páx. 137: ex. 3-10 e o ditado
. Facer a lectura do T.8 e a comprensión lectora (páx.124 e 125) Recordade que o saltaramos. 
. Repaso trimestral: páx. 138 e 139 (ex. 11-15 e o ditado)

- Lingua Galega: Rematar  T.7 e ir facendo o T.8 (sintoo, pero non teño o libro na casa...) 🙈

- Matemáticas
. Páx. 120: ex. 1-8
. Páx. 121: ex. 9 e 13-17
. Repaso trimestral: páx.124, 125, 126 (ex. 30-41) e 127.

- Naturais: Estudo do T.4 (repaso de anteriores temas e ir mirando a seguinte unidade).

- Sociais: Penso que quedaron os libros na clase... Sen problema, a mirar mapas físicos e políticos de Galicia, España e agora, con esta situación, incluso europeo e mundial. Mirar atlas pode ser moi entretido, bueno, a min entretenme moito... ✌😁

Insisto que a maiores, e ao longo dos días, irei compartindo enlaces con máis material para descargar e imprimir, así como xogos didácticos, vídeos educativos, curiosidades...

Por favor, se sabedes dalgunha familia que poida estar desconectada, rogo que a informedes por medio do teléfono ou wassap. Moitas gracias! 😊

Moitos bicos e ánimo a todos e a todas! 💪😘😘😘


20 comentarios:

  1. Grazas. Iremos mirando. Se o precisas mandámosche foto do libro de lingua galega.
    Saúdos e ánimo a todas e todos
    Mer (Nai de Laura B.).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias Mercedes!👍🏼😊
      Polo de agora non fai falta, mirarei os libros dixitais.
      Saúdos a Laura e ánimo coa pequeniña!💪🏼😉

      Eliminar
  2. A sorte de vivir no rural é que a maioría temos unha horta/leira onde saír. O encerro lèvase mellor.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si Mercedes.
      No rural está un máis a salvo.
      👍🏼😊

      Eliminar
  3. Olá Aleixo, poderíanos informar a través do blog dos deberes de Ivett de inglés. Dixo ke mandaria os deberes pola web de san Vicente, pero mirei e non debo encontrarlos, ou ke nos axude algún compañeiro a través do blog, gracias e animo a todos.🙂👋

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Rocío.
      Hoxe informarei sobre como actuará cada titior/a de cada curso, así como os especialistas e compartirei o enlace do centro, xa que aí está a información.
      Tamén facilitarei o meu correo electrónico para calquera dúbida.
      Moito ánimo e bicos para Álvaro e Iker!👍🏼😉

      Eliminar
  4. Rocio(Nai de Álvaro Ardions).

    ResponderEliminar
  5. O de inglés xa está colgado.
    https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisanvicente/taxonomy/term/31

    ResponderEliminar
  6. gracias aleixo son a mama de aroa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non hai de que Lara!
      Moito ánimo!😉💪🏼

      Eliminar
  7. Son Antía. Aí non puxeches o da páxina 114 e 115.eu deses os tiña marcados. E que xa os fixen. Arranco a páxina?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Antía!
      Supoño que te refires aos xentilicios de Lengua.
      Si, si, tamén. Vouno ampliar arriba.
      Gracias polo aviso! ✔️😉

      Eliminar
    2. Esta situación vai durar moito tempo... Todo o que se faga a maiores ben vido sexa.
      De arrancar páxinas nada.😅
      Bicos Antía!😘

      Eliminar
    3. Actualizado.✔️😉

      Eliminar
  8. Aleixo os de lingua miña nai di que temos tempo para facer todos. 😅😅
    Mariquiña

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, Mariquiña... témome que imos ter tempo para moitas cousas.😅
      Dalle moitos ánimos a mamá!💪🏼

      Eliminar
  9. Ola Aleixo.
    Facendo os exercicios dos xentilicios investiguei sobre os xentilicios de Santiago de Compostela e mira que curioso que
    podenselle chamar de tres formas: santiagués, compostelán e picheleiro.
    Tamén vin na galipedia que os da Baña chamámonos: Bañenses, Bañés e avaniense.

    Saúdos
    LAURA B (CPI San Vicente A Baña)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Avaniense!
      Non tiña nin idea...🙄
      De Santiago si, porque o meu cuñado é picheleiro.🤣😂
      Eu son madrileño de nacemento e ribadense de adopción.
      Moitos bicos Laura!😘
      Coida da túa irmá.😉

      Eliminar