viernes, 13 de marzo de 2020

Actividades para os vindeiros días

Estimadas familias:

Confirmado o peche dos centros educativos durante 14 días a partir do luns 16, suxiro que as actividades, exercicios e estudo mandados para a casa se repartan nos vindeiros días.

Non se trata de facer "deberes", senón de realizar exercicios e repaso/estudo para manter unha actividade académica regular ao longo destas complicadas semanas. Desta maneira, recomendo facer un par de exercicios de cada materia cada día ou cada dous días, ademais do estudo e repaso de todo o xa dado, lecturas, cálculo, problemas matemáticos, dictados, xogos didácticos...

Se o peche dos centros educativos se alongara no tempo, poñerei á vosa disposición novo material didáctico para traballar nas casas, xa sexa neste espazo ou na web do centro. Antes desta decisión, seredes informados no blog.

Recordade que no noso blog tedes os enlaces do CPI de San Vicente e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para informarvos.

Calquera noticia significativa relacionada co noso centro educativo e alumnado será compartida.

Un saúdo e ánimo coa concilia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario