jueves, 12 de marzo de 2020

Coronavirus-Medidas de prevención

Estimadas familias:

Ante a extraordinaria situación que estamos a vivir e como medida de prevención, quedan suspendidas todo tipo de actividades nos centros educativos dende o día 16 e para os vindeiros 14 días naturais seguintes.

Esta información foi recibida hoxe a última hora da mañá, na saída da escola. Por este motivo, coas inevitables présas e nerviosismo, o alumnado levou para a casa libros e libretas para traballar (con exercicios indicados e unidades para o estudo) nas distintas materias. Ao regreso deste paréntese, correxiremos a modo de repaso.

Todo aquel alumnado que non poida ser atendido nas súas casas poderán ir á escola mañá venres, así como quen queira recoller material olvidado ou que necesite, poderá acercarse a recollelo.

Todas as actividades e proxectos programados da clase reanudaranse á volta.

A medida que se coñeza nova información, sempre oficial dende a Consellería de Educación, será compartida neste espazo.

Tamén vos suxiro que consultedes a páxina web do centro CPI de San Vicente.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisanvicente/

Podedes consultar neste enlace a información oficial actual transmitida pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Un saúdo.


2 comentarios:

  1. Esta mui unteresante.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Debemos informarnos o mellor posible. 👍🏼😉
      Bicos Aitana!

      Eliminar