martes, 17 de marzo de 2020

Queda na casa... e móvete!

Todos e todas sabemos do importante que é facer exercicio para manternos fortes e sans.
Pero... con esta teima de quedar na casa... como podemos facer exercicio físico e estar activos?

Aquí tedes algunhas ideas.
A ver que vos parecen! 😉

1. Xogar ás adiviñas por xestos.
2. Baile e coreografías (con aplicacións como: Just Dance, Dance Central, Tik Tok...).
3. Aprender e practicar zumba (hai moitos titoriais en Youtube).
4. Xogar ao escondite pola casa (sen molestar aos maiores).
5. Practicar malabares (sei que xa traballastes esa disciplina con Roi).
6. Xogar ao escondite inglés.
7. Preparar unha obra de teatro.
8. Disfrazarse.
9. Xogar ao Pictionary.
10. Subir e baixar escaleiras (se tedes na casa).
11. Pasear pola casa ata un certo número de pasos.
12. Exercitar o corpo: abdominais, saltos, sentadillas...
13. Xogos de equilibrios.
14. Videoxogos para realizar movementos físico.
15. Retos motrices: quen salta máis alto, quen salta máis lonxe, quen aguanta máis nunha postura...
16. Saltar á comba nun lugar seguro e sen molestar.
17. Xogar á galiña cega.
18. Practicar pilates (titoriais en Youtube).
19. Xogar á goma.
20. Encestar nunha papeleira.
21. "Búsqueda do tesouro" pola casa.

Recordade que non debemos descoidar a actividade física durante estes días de peche na casa.

Queda na casa... e móvete! ⚽🏃🏀🎾🎽🎼🎭🎯🎳🎪🎤🎧🎶

2 comentarios:

  1. Esto gustou mesmo moito. Sobre todo o de bailar con just Dance ou tik tok

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajaja, seguro que si...🤣😂🤣
      💃🏼🕺🏻🎶🎵
      Por certo, quen eres?🤷🏻‍♂️

      Eliminar