lunes, 2 de marzo de 2020

Os cinco sentidos (Amparo)

Aproveitando que estamos a estudar os sentidos na materia de Naturais, a nosa compañeira Amparo deunos unha master-class sobre os cinco sentidos. 👀👂👃👅✋

E menuda clase que deu!
Impresionante o seu traballo plástico con diferentes materiais (plastilina, goma-EVA, cartulina, cables...), xunto coa súa espléndida explicación!

De feito, eu xa estou facendo as maletas, porque esta nena vaime quitar o traballo... e con razón!

Un gran traballo que non quixemos deixalo só entre as paredes da nosa aula, polo que fixemos un tour por todos os niveis de Primaria para darlle máis visibilidade ao seu traballo (ademais de mostralo no noso blog) e para que os nenos e nenas do cole aprendesen doutra compañeira e así motivalos cara ao seu traballo e estudo.

Parabéns Amparo! Excelente traballo! Encantounos a todos e todas! 👏👏👏😊








  



As fotos pertencen a un ensaio diante de parte da nosa clase.

Xa no vídeo, a explicación está dirixida a todo 5º e uns invitados especiais, o alumnado de 2º.
Atención tamén ás curiosidades finais. 👀😉



Bravo, Amparo, polo teu esforzo en todas as exposicións, que non foron poucas. 👏👏👏

No hay comentarios:

Publicar un comentario