miércoles, 18 de marzo de 2020

Información 5º na web do centro

Estimadas familias:

Esta entrada é tan só para informarvos de que as tarefas obrigatorias a facer durante estes 14 días de confinamento na casa están tamén indicadas no apartado de 5º EP da páxina web do centro.
Tan só debedes mirar no adxunto e encontraredes un PDF coa mesma información que dimos xa no blog.

Non hai novidade ningunha, pero así as familias tedes máis opcións de información.

A finais da vindeira semana compartirei os resultados dos exercicios.
Se tedes problemas para resolver algunha actividade, non vos preocupedes. Todos os exercicios e traballos serán correxidos e supervisados por min á volta das clases.

Se esta situación se alongara no tempo, compartirei máis material para traballar as distintas materias tanto no blog coma na web do centro, sempre no apartado de 5º EP.

Saúdos e ánimo! 💪😉


No hay comentarios:

Publicar un comentario