martes, 2 de junio de 2020

Tarta napolitana (Sandra)

Voltamos cunha das seccións que máis me gusta... a repostería! 👏🏼👏🏼👏🏼😋

A nosa compañeira Sandra animouse a compartir con nós este riquísimo biscoito, que podemos degustar nas nosas merendas ao aire libre aproveitando o bo tempo.
Apuntade ben os pasos a seguir. 👩🏻‍🍳👨🏻‍🍳

Moitas gracias Sandra por achegarnos esta riquísima receita! 👌🏼😊


TARTA NAPOLITANA

Ingredintes:
25 galletas
1 vaso e medio de leite
3 ovos

Preparación:
Mesturo todos os ingredintes na batidora e unha vez ben batida, pasámolo a un molde sobre papoel vexetal.
Despois no forno a uns 180º e deixámolo estar 1 hora.
Pasada a hora, espolvoreamos con azucre glass.

Espero que vos guste! 😉

Sandra


2 comentarios:

  1. Caramba!!!! co larpeiros que somos nesta casa sobre todo Xurxo e mamá, aínda que a min a tarta da avoa( esa que leva galleta, flan e chocolate encántame)😋, bueno, meu pai si que non é larpeiro.
    Tenche boa pinta!! e non poderiades subir unha foto de como queda cando a cortas? estas son manias de miña nai, eh!!🤦‍♂️que lle gusta ver tamén por dentro, eu xa lle dixen que temos que probala!
    Bicos
    Gorka☺️ (ceip Quiroga Palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻
    Ola Aleixo!! Sandra, ímola probar a facer seguro!! aínda que miña nai diga que agora non se pode comer tanta lambonada que ven o verán😂😂😂, pero ela é a primeira que a acaba probando.
    Vós probastes a facr o biscoito de 2 cores que nos propuxo Tareixa en LSE?, estaba moi rico tamén pero a nós sainos con demasiado chocolate e seguimos facendo o que levamos sempre a escola, acórdaste que tamén o levou Gorka, Aleixo? Eu este ano levei 2 o día do meu cumple, se queredes pásovos a receita...😋👨🏻‍🍳
    Bicos!!
    Xurxo☺️ ( ceip quiroga palacios)
    X✌🏻🤞🏻x👌🏻

    ResponderEliminar
  2. Claro que me acordo desa riquísima tarta que levara Gorka! 👌🏼😋
    Teño que ver esa receita de Tareixa que comentades, a ver que tal... 🤔🥧
    Agora que podemos saír, ben podemos queimar esas calorías... jijiji 😁. Pero é certo que non se debe abusar... 😒
    Moitos bicos rapaces! 🥰🌈

    ResponderEliminar