Como xa sabedes, fai uns días foi o cumpreanos da nosa compañeira e amiga Antía. 
🎉🎊🍰😊
Posi ben, aquí tedes a receita que fixo para dito aniversario, uns riquísimos donuts caseiros!
Deixemos que nolo explique Antía, apuntade ben os pasos a seguir! 😉😋
Donuts caseiros
Ingredintes
- 500g de fariña
- 70g de azucre
- 50g de manteiga pomada ( blanda pero non derretida) 
- 25g de levadura fresca ( ou 10g de levadura seca) 
- 150ml de leite
- 100ml de auga
- Unha pizca de sal
- Esencia de vainilla
Elaboración
Mesturar auga e leite, despois botarlle a levadura e mesturalo de novo. 
Mentres eso se mestura ben, botamos nun bol a parte fariña, azucre e sal. 
Facemos un oco no medio e botamos aí o leite coa auga e levadura anteriormente mesturada xunto co ovo, esencia de vainilla e manteiga. 
Mesturamos ata que se faga unha masa e se está moi pegañosa deixámola repousar un pouco. Se segue pegañosa botamos nas mans un pouco de aceite de oliva e seguimos mesturando. 
Logo metémola no bol e poñémoslle film enriba. 
Deixámolo repousar dúas horas e facemos os donuts. 
E listo para degustar! 😋🍩
Antía

No hay comentarios:
Publicar un comentario