lunes, 1 de junio de 2020

Proposta de traballo (1-5 de xuño)

Bos días a todos e a todas! 👋😊

Como cada luns achego na aula virtual a proposta de traballo semanal.

Esta semana interésame moito, ademais das fichas indicadas a entregar, as propostas que ides expoñer como alcaldes e alcaldesas da Baña para evitar a despoboación do concello segundo a táboa elaborada pola nosa compañeira Laura B.

Como xa sabedes, o venres mandaremos as solucións e unha vez autocorrexidos os exercicios, xunto coa redacción de Sociais, podedes enviarmos ao meu correo electrónico. 👇

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Moito ánimo co traballo que xa estamos na recta final! 💪😘🌈


No hay comentarios:

Publicar un comentario