martes, 19 de mayo de 2020

Intelixencia artificial (Digicraft)

A última actividade que fixemos en Digicraft foi moi interesante!

Tratábase dun xogo baseado na intelixencia artificial e que seguramente se utilice no futuro para resolver problemas ou trabas por non saber idiomas.

Por equipos, os alumnos/as tiñades que facer fotos a diferentes obxectos distribuídos pola aula para logo relacionalos coa súa palabra no idioma indicado nunha ficha que tiñades. Traballastes con termos en distintos idiomas como xaponés, francés, coreano, portugués, italiano, chino, inglés, alemán, ruso... 😵

Ao principio costounos un pouco, pero unha vez comprendida a estratexia a cousa foi mellorando.

Como conclusión da actividade, repasamos todo o vocabulario para saber se estaba correctamente relacionado co obxecto correspondente e valoramos que equipo tiña máis acertos.

Un aplauso para todos os equipos polo seu bo traballo! 👏👏👏😊
Porque diso vai moitas destas actividades, do traballo colaborativo, coordinado e en EQUIPO.


























No hay comentarios:

Publicar un comentario