lunes, 11 de mayo de 2020

Proposta de traballo (11-15 de maio)

Bo comezo de semana a todos e a todas!

Como cada luns, achego a proposta de traballo semanal na aula virtual do noso centro.

O domingo desta semana conmemórase o Día das Letras Galegas, polo que no apartado de Lingua Galega acheguei un xogo interactivo para saber sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carballo Calero
O xogo ten actividades para cada día da semana por se queredes botarlle un ollo.

📢 Recordade:

👉🏻 Luns: envío da proposta de traballo semanal.
👉🏻 Venres: envío das solucións.
👉🏻 Venres, sábado ou domingo: envío das fichas feitas e correxidas ao titor.

Os tempos de entrega son flexibles.

Para calquera dúbida contactade comigo polo correo electrónico.

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Un saúdo e que teñades moi boa semana. 😉🌈

No hay comentarios:

Publicar un comentario