martes, 12 de mayo de 2020

I Concurso de vídeo Letras Galegas

Achego a proposta dun concurso polo Día das Letras Galegas convocado polo Concello da Baña por se é do voso interese.
Botádelle un ollo na súa páxina de facebook (aí vin a convocatoria) ou na web do concello. 👇🏻👀

Saúdos e que teñades un bo día! 😘🌈


I Concurso de Vídeo Letras Galegas Concello da Baña
O Concello da Baña organiza un concurso de vídeo para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020. Envíanos a túa creación audiovisual de menos dun minuto lendo algún fragmento en galego dalgunha das figuras homenaxeadas.
Como participar? Sube o te vídeo facendo un comentario a esta entrada e utilizando o cancelo #ConcursoDeVídeoLetrasGalegas.
BASES DO I CONCURSO DE VÍDEO LETRAS GALEGAS
1. Poderán participar todas as persoas interesadas sen límite de idade pero só optarán ao premio aquelas que estean empadroadas no Concello da Baña.
2. Cada participante gravará un máximo de tres vídeos dunha lectura en galego seleccionada dos libros das figuras homenaxeadas polas Letras Galegas, en especial de Ricardo Carballo Calero, autor escollido para 2020. Nalgún momento da lectura haberá que dicir a obra e o autor á que pertence o fragmento.
3. A duración da gravación non excederá de 1 minuto.
4. Establecerase un único premio dun lote de libros.
5. Considerarase gañadora a persoa que consiga máis “gústame” a través do Facebook do Concello da Baña. No caso de haber un empate, será un xurado do ámbito da cultura e da lingua, designado para tal fin, quen decida.
6. Queda establecido o prazo desde o 11 ata o 17 de maio de 2020 ambos inclusive.
7. Os vídeos participantes subiranse ao evento creado na páxina de Facebook do Concello da Baña co cancelo #ConcursoDeVídeoLetrasGalegas.
8. Cada participante garantirá a veracidade da autoría do vídeo presentado.
9. Presentarse ao concurso implica que se autoriza o Concello da Baña a utilizar as imaxes e os vídeos que se envíen para participar.
10. O fallo do xurado será inapelable.
11. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases.
La imagen puede contener: una persona, texto que dice "ICONCURSO DE VÍDEO LETRASGALEGAS"

No hay comentarios:

Publicar un comentario