miércoles, 20 de marzo de 2019

Clase de robótica!

Hoxe foi un día diferente, xa que despois do recreo disfrutamos dunha clase de robótica na sala de informática!

Cada neno e nena sentouse diante dun ordenador e traballou en dúas actividades: na creación dun videoxogo de naves espaciais e no movemento dun robot! 👽👾💥🚀

Queremos agradecerlles aos monitores o seu bo traballo, orientación e paciencia.

Aquí tedes algunhas imaxes e vídeos!











4 comentarios:

  1. Foi unha bonita clase. Encantoume crear un vídeoxogo e mover os robots.👽🤖👾💥🚀
    O que máis gracia me fixo foi mover o robot, é alucinante que con 4 botóns poidas mover un aparato.
    Di miña nai que sería xenial un robot que fixera a comida!! jajaja 🍳🍜🍵
    Eu crearía un robot que lle dera masaxes a Xurxo e a mamá, que as veces son un pouco pesados.🤦‍♂️😀
    Ata mañán.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  2. Dalle tempo ao tempo Gorka. Pronto estaremos rodeados de androides que nos fagan todo! 🤖😅

    ResponderEliminar
  3. Falando disto na cea, meu pai contoume que en China empezan a haber presentadores virtuais; parecen persoas pero non o son. Eu vino, buscámolo en youtube, chámase Zhang Zhao e é o primeiro presentador con intelixencia artificial.🤖 Fala inglés e aprende de forma autónoma. Unha pena,😭 así que pensándoo mellor, doulle eu as masaxes e así tamén falamos e rimos.😜
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  4. Iso da intelixencia artificial da un pouco de medo... En fin, nós seguiremos ao noso, exercitando a nosa intelixencia natural que en 4°A hai de sobra! 😉

    ResponderEliminar