viernes, 1 de marzo de 2019

É tempo de Entroido!

Comeza o Entroido! Tempo de festa, troula, disfraces, máscaras, desfiles, bromas, risas... 🎉🎊🎭🎶

Ao longo destes días fixemos varias actividades.

O nosos compañeiro Elías, por exemplo, sorprendeunos un día traendo un trozo de xarrón... ninguén entendía nada ata que explicou de que se trataba. Que interesante foi saber a orixe dese xarrón e das festas de Entroido da súa aldea!


Outro día, foi Gorka quen nos trouxo un libro sobre o Entroido titulado "É tempo de Entroido!" no que aparecen diversos ditos e retrancas de troula de diferentes zonas de Galicia.
Pola bonita portada que ten xa merece a pena botarlle un ollo!


Máis sorpresas que houbo... pois que a medida que íamos seguindo os mandatos do meco aparecíchedes con maquillaxe e nalgúns casos quedamos impresionados!
Incluso colouse un impostor... 😲

Quen é o verdadeiro profe? 😅

O xoves viñemos case todos disfrazados. Íades xeniais! 👌🎭





E por fin chegou o último e gran día de celebración!




14 comentarios:

  1. Que ben o pasei esta semana!! 🤠Moitas grazas polas fotos, Aleixo. ➿
    Gustáronme moito os desfiles e fixérono todos moi ben.👍🏻👏🏻👏🏻👏🏻🙌🏻🙌🏻
    Feliz Entroido!! 🎭
    Gorka. ☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome que disfrutaras Gorka, porque diso se trata o Entroido! De pasalo ben e non só de desfiles.

      Eliminar
  2. Eu estes días paseino moi ben👍🤣🤣 porque foi moi divertido.🤣🤣
    Xenial Sirius co seu maquillaxe👏👏.
    Na festa de hoxe paseino moi ben, o malo foi que a canción non se escoitaba ben...oxalá que se poidera repetir este día!
    Encántame o entroido e hai que disfrutalo👩‍🎤👨‍🎤🎷🎺🤡💃...
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊...marcho que teño que marchar🤣🤣

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja, boa despedida Uxía! 😂🤣😂🤣
      Unha pena que non se oíra a música, pero como cantaba o gran Freddy Mercury: "Show must go on!". E nós fixémolo!
      Goza do Entroido e vémonos á volta! 🎶🎵🎷🥁🎺👩‍🚒👩‍🚀👩‍✈️👩‍🎨👩‍🎤👸👩‍🏭👩‍🍳🎊🎉🎭

      Eliminar
  3. Ata mañá non...despisteime, ata o xoves!

    ResponderEliminar
  4. É certo, Sirius estaba moi ben coa súa maquillaxe de Aleixo. ⚯ É unha pena que non se escoitara ben a canción polo tema de que o pavillón ten moi mala acústica. 🤷‍♂️Éche o que hai!! Pero eu paseino ben igualmente.🤡👨‍🎤👩‍🎤
    Ata o xoves.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Exacto, eche o que hai e nunca choveu que non escampara. 😜
      O importante é a comedia! 🎭🎵🎊🎉

      Eliminar
  5. Se copiades o enlace de abaixo no buscador de google aparece unha reportaxe da voz de galicia falando do entroido do cole e con fotos dos diferentes disfraces👏👏👏. O enlace é o seguinte:
    https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/02/entroido-comparece-poner-color-diversion/0003_201903S2C9999.htm

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se é o que vin eu, impagables as caras de agobio de Elías e Ainara por non escoitar a música... 🤣😂🤣😂🤣😂🤯🤷🏻‍♀️🤷🏻‍♂️

      Gracias por compartilo Uxía!

      Eliminar
  6. Paseino xenial o venres,ainda que non sonara ben a canción.
    Disfruteino moito.

    ÁLEX :)

    ResponderEliminar
  7. Artistas ,heroes ,cavernicolas ...De todo !!!E logo íamos ben comicos ...
    Noa

    ResponderEliminar
  8. Si, comedia levábamos... 😁

    ResponderEliminar