martes, 12 de marzo de 2019

Libros e revistas

Máis recomendacións por parte dos nosos compañeiros!

De seguido Gorka fálanos dunha revista cultural chamada Luzes, mentres Mateo cóntanos de que trata o libro "El gran libro de las civilizaciones".

LUZES

Esta é unha revista chamada "Luzes" e neste número trae unha reportaxe sobre o Xabarín Club porque fai 25 anos do seu nacemento.

O Xabarín Club era un programa de TV moi famoso de cando nosos pais eran pequenos, emitíase na galega. Hoxe en día aínda se emite, pero na TVG2 e non ten tanta popularidade.

No Xabarín Club aparecían debuxos como: Doraemon, Rocky e Bullwinkle, Os Pitufos, As Bolas Máxicas e moitas cousas máis.

A canción do Xabarín Club di así: 

"Somos o clube da galega! 
Por fociños, por Cacheiras! 
Somos do clube da galega! 
Oink, oink! 

E ti, xa es do clube? Afíliate!"

Gorka

O LIBRO DAS CIVILIZACIÓNS

Este libro vai das grandes civilizacións antigas e como se crearon: os romanos, os gregos, os exipcios... Fala dos monumentos antigos máis prezados da actualidade e dos perxonases que participaron nas grandes civilizacións. 

A miña parte favorita do libro é cando falan dos gladiadores!

Mateo


8 comentarios:

  1. Ai!!🤦‍♂️,esquecínme dicirvos que nalgúns deses debuxos meu pai dobla a algúns deses personaxes, e dicir, ponlle a voz.
    Por certo, hoxe coñecín a Paula Carballeira,👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 😀fomos a un contacontos a follas novas e ela estaba alí, escoitando tamén o conto. Falei un pouquiño con ela e díxome que xa nos veríamos no cole.
    Ah!, podedesme decir se agora vedes os meus emoticonos? Grazas.
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si se ven Gorka, por fin!
      Bravo! 👏🏼👏🏼👏🏼😄

      Eliminar
  2. Gorka agora sí se ven os emoticonos cando escribes.
    Na nosa casa aínda vemos o xabarin, gustanos os x-men, lobezno, edgar e ellen, e tamen estamos empezando a ver algúns días a ver dragon z. O malo e que os bolechas o botan polas mañáns e non podemos velos.
    O libro de Mateo ten moi boa pinta e parece moi interesante.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
  3. Ahhh e o gato con botas, na tvg2 tamén mola moito😉

    ResponderEliminar
  4. Si!!, por fin!! 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
    Gracias.
    Gorka. ☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  5. Eu vexo Shin Chan e As Bolas Maxicas no Xabarin Club !!! Noa

    ResponderEliminar