lunes, 25 de marzo de 2019

Cousiñas que aportamos á clase

Moitas cousas estades a traer, facer e compartir e algunhas delas aínda non as mostramos no blog... Por iso, hoxe imos compartir diferentes aportacións de varias das nosas compañeiras/o. 😉

Estando o colexio inmerso nun proxecto relacionado co coñecemento de Galicia e traballando diferentes proxectos sobre a nosa terra, a nosa compañeira Lía mostrounos un libro moi interesante sobre os símbolos de Galicia e que pode servirnos de moita axuda para os nosos traballos escolares.

Moitas gracias pola túa aportación Lía!






















Máis libros de interese!

Sabemos o que nos gustan os libros de preguntas e respostas, así que aquí vai unha suxestión do noso amigo Gorka"A ciecia do día a día". Nel aparece cuestións xa tratadas na clase como por exemplo, o uso de diferentes tipos de coches e a súa contaminación.

Gracias polas túas aportacións Gorka! Así da gusto!






















A nosa compañeira Ainara trouxo para a clase o calendario de marzo/abril con actividades culturais para nenos/as que se realizan nos diferentes espazos de Santiago de Compostela.

Ademais trae información sobre mulleres destacadas que xa coñecemos.

Gracias Ainara! 😉


4 comentarios:

  1. Pareceume moi interesante o teu libro Lía. Meu irmán en Entroido foi de castrexo e levaba algúns símbolos celtas no disfraz, aparecen algúns deses símbolos no teu libro, Lía?📕
    Ainara, teremos que pasar polo centro sociocultural, de feito teño que ir a biblioteca coller un libro de los futbolísimos.⚽️🥅
    Eu hoxe levei un para ensinar, pero non dou tempo, a ver se mañán podemos ou senón outro día.
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mañá móstranos ese libro Gorka, sen problema. 👍🏼😉📖

      Eliminar
  2. Tantas cousas ...É que non hai por onde collelo !Pero esta ben ...
    Noa

    ResponderEliminar